Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Seccion Semanal Espazo Xove - Martes 26 de abril
    No Espazo Xove de Tui está aberto o prazo de inscrición tanto para o curso de cultivo de Cogomelos como para o Obradoiro de Cócteles sen alcohol. AS dúas son gratuítas e se celebrarán o 27 de maio e o 3 de xuño respectivamente.
    Por outra parte este sábado remata o prazo para o Campamentos de Verán para persoas con discapacidade.
    Mónica Bugarín,a directora deste centro xuvenil, deu conta asemade da convocatoria do Certame de Novos creadores, que este ano inclúe tamén a cociña entre outras moitas especialidades. O prazo está aberto ata o 30 de xuño.
    Toda esta información pódese ampliar no Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz ou no teléfono 886 11 07 97.
    6 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Susi Pérez de +KArte - XX Feira de Artesanía de Tui
    Este sábado ás 12h, con sorpresa incluída, terá lugar a inauguración da XX Feira de Artesanía organizada pola concellería de Turismo do Concello de Tui. Poderá visitarse de 12 a 22h tanto o sábado coma o domingo nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e San Fernando coa presenza de máis de 70 postos e artesáns traballando en directo nos seus produtos. Non faltará a animación con grupos folclóricos, actividades infantís, inchables...e unha exposición de fotografías antigas de artesáns na Oficina de Turismo. Así nolo explicaron o concelleiro de Turismo Laureano Alonso, e Susi Pérez de +KArte.
    11 min
  • Ent. Jose Villaverde - I Trail Monte Aloia
    Hoxe ás 23.59h remata o prazo de inscrición para o I Trail Monte Aloia que se vai celebrar este domingo organizado pola Asociación Cultural Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei. O Trail constará dun percorrido de 25 quilómetros polo Parque Natural do Monte Aloia cun desnivel de 1.400 metros.
    Amais celebrarase tamén un minitrail con 15 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel
    A inscrición para participar tanto no Trail coma o Minitrail está aberta ata hoxe ás 23.59 a través da plataforma ChampionChip.
    10 min
  • Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Día do Libro
    Este domingo celébrase na Praza do Calvario no Rosal a XIII Feira do Libro na que se darán cita varias librarías que ofrecerán un desconto dun 20%. Amais está previsto ás 12h a actuación Mbolo Mooye Doolé presentando “contos africanos” con música en directo, e ás 17.30h a actividade “Entre libros anda a maxia”. Contounolo Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal.
    4 min
  • Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Día do Libro
    A actividade "Tui le" que se ía celebrar hoxe co gallo do Día do Libro foi adiada ante as previsión de choivas para hoxe. Posiblemente se celebre en datas próximas ao Día das Letras Galegas. Si se vai celebrar mañá "A lingua de signos nas túas mans", unha actividade de contos contados en lingua oral e de seginos, na Biblioteca Municipal. Así nolo explicou a concelleira de Cultura de Tui, María José González.
    4 min
  • Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui -Día do Libro
    A actividade "Tui le" que se ía celebrar hoxe co gallo do Día do Libro foi adiada ante as previsión de choivas para hoxe. Posiblemente se celebre en datas próximas ao Día das Letras Galegas. Así nolo explicou a concelleira de Cultura de Tui, María José González.
    Si se vai celebrar mañá "A lingua de signos nas túas mans", unha actividade de contos contados en lingua oral e de signos, na Biblioteca Municipal.
    4 min
  • Ent. Alberto Romer e Javier Alvarez Rivadulla - XV Os nosos fariñeros
    Este domingo, 24 de abril, celébrase o XV Os Nosos Fariñeiros: Burros e Muíños, organizado pola Asociación Cultural Muiñeiros do río Tripes. O programa, a celerbar nos muíños do Tripes, comezará ás 10.30h da mañá e prolongarase ata primeira hora da tarde tal e coma hoxe nos contaron Alberto Romer e Javier Álvarez Rivadulla, membros da organización.
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…