Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. César Souto e Luís Avilés directores de “Os días afogados” - Play-Doc 2016
    Hoxe mércores, 13 de abril, na sesión das 23h de Play-Doc proxectarase o documental galego “Os días afogados” de César Souto e Luís Avilés que retratan a aldea de Aceredo en Lobios que en 2012 quedou ao descuberto tras vinte anos cuberta polas augas do encoro de Lindoso. Precisamente cos directores falamos hoxe. Luís Avilés daba conta da historia que recollen neste documental. César Souto explicou cóma xurdiu a idea.
    11 min
  • Sección semanal Espazo Xove Tui - martes 12 de abril
    Dende o 1 de abril a mocidade interesada pode inscribirse no Espazo Xove de Tui no programa de Garantía Xuvenil da Xunta. Esta foi unha das cuestións ás que hoxe se referiu a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, na súa conexión semanal coa nosa emisora.
    Por outra parte deu conta da convocatoria dos Campamentos para mozos de 9 a 17h anos dentro da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, así coma dos programa Conecta con Galicia e Galeuropa.
    6 min
  • Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio - Balance reunión con veciños conxunto histórico
    O pasado sábado o Concello de Tui celebrou unha reunión con veciños do conxunto histórico. A concelleira de Patrimonio, Carme Nuñez, fixo un balance positivo pola asistencia de 80 persoas, e porque foi unha primeira toma de contacto.
    O obxectivo foi explicar o traballo que se está a realizar dende a concellería de Patrimonio, pero Carmen Núñez, sinalou que o máis interesante foi a exposición feita polos veciños dos problemas que sofren e as súas inquedanzas. Así a problemática asociada aos locais nocturnos foi recurrente na exposición dos veciños, xunto á limpeza, a iluminación e o aparcamento segundo hoxe mesmo manifestou na RMT Carmen Núñez.
    10 min
  • Ent. Sara Gª e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Inauguración,supporters, entradas...
    Este mércores ás 20.30h será inaugurado Play-Doc 2016. Dende entón poderanse ver 45 documentais nas dúas salas de proxeccións. As entradas estarán á venda media hora ao prezo de 2€. A sesión inauguración, con música en directo, será gratuíta. O festival pretende mostrar as tendencias do documental cada ano, pero tamén a música está moi presente nesta edición. E está en marcha a campaña Play Doc Support. Nolo contaron hoxe Sara Gª e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc
    13 min
  • Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente Tui - Ordenanza de limpeza e outros
    Está xa en vigor a “Ordenanza reguladora de ornato público e limpeza viaria no Concello de Tui” que entre outras cuestións prohibe a colocación de carteis no casco urbano, salvo nos lugares habilitados para iso. Así o explicou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, quen tamén solicitou a colaboración cidadá na recollida selectiva do lixo. Avanzou que amais a colocación de 30 composteiros en Caldelas, Baldráns e Paramos a través de SOGAMA,e outro en Areas da Deputación.
    14 min
  • Ent. Marina Cruces- Resultado Cata de Colleiteiros de San Telmo
    O pasado domingo celebrouse a Cata de Colleiteiros de San Telmo. Nos viños brancos Pablo Brandariz levouse o primeiro premio seguido de Serafín Ocampo, que con dúas mostras, acadou o segundo e terceiro premio. Mentres en tintos os expertos da cata outorgaron os premios a Luís Martínez, Carlos Pérez e Ramón Fontán. Así nolo contou Marina Cruces, unha das organizadoras da cata.
    10 min
  • Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Charles Burnnet, e outros ciclos
    Os directores do Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, faláronnos hoxe dos ciclos que poderemos ver durante o festival: a restrospectiva de Charles Burnett, o programa Avan-Gutter realizado por Akosu Adoma Owusu e a proxección de curtametraxes de Cinema Experimental Iogoslavo. Este haberá de novo dúas salas, e o prezo da entrada será de 2€.
    15 min
  • Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Liñas mestras e música
    O próximo mércores, 13 de abril, comeza unha nova edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Os seus directores, Sara García e Ángel Sánchez, explicáronnos hoxe as liñas mestras deste ano.
    Ángel Sánchez sinalou que se trata dun festival moi diverso e intenso. Sara García explicou que lle fai especial ilusión o estreo da película “A poem is a naked person” de Les Blank, que se estreará en España.
    Tanto Ángel Sanchez coma Sara García deron conta tamén a importancia destacada que este ano ten a música non só con concertos senón tamén nos propios documentais
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…