Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Camen Núñez, concelleira de Patrimonio de Tui - Reunión cos veciños
    A concellería de Patrimonio do Concello de Tui convoca aos veciños do Conxunto Histórico a unha reunión este sábado, 9 de abril, ás 19.30h, na Aula da UNED de Tui. O obxectivo do encontro será por en común o traballo que se está a realizar dende este departamento, dirixido por Carmen Núñez, escoitar o parecer, as necesidades e inquedanzas dos veciños.
    5 min
  • Ent. Fernando Groba - II Encontro Minho Galicia
    Este sábado, 9 de abril, dende ás 10h terá lugar en Monçao o II Encontro Minho-Galicia. A cita será na casa-museo de Monçao co cinema coma protagonista incluíndo a visita ao Museo do Cinema de Melgaço. Fernando Groba, un dos organizadores deunos conta de todos os detalles desta iniciativa.
    20 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Les Blank
    Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, estrea o documental “A Poem is a Naked Person” de Les Blank que foi prohibido en 1974. Play-Doc recupera este filme por primeira vez en España e poderá verse tanto no propio festival a próxima semana coma na canle do festival en R.
    Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival.
    Pero amais no Play-Doc poderanse ver outros tres títulos deste realizador. O festival lembramos que se celebrará a próxima semana, do mércores 13 ao domingo 17.
    7 min
  • Ent. Felicitas Iglesias da Asoc. do Parkinson do Baixo Miño - Día Mundial do Parkinson
    A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza para este venres unha charla e un concerto para celebrar o Día Mundial do Parkinson que se celebra o próximo luns 11. Así nolo contou hoxe Felicitas Iglesias, deste colectivo, dando conta de que a cita será ás 17h na Sala Félix Rodríguez. A neuróloga María Gema Alonso Losada, neuróloga, impartirá a charla coloquio “Vivir coa enfermidade de Parkinson”, e a continuación haberá un concerto de tangos a cargo do grupo “Los amigos del tango”.
    12 min
  • Ent. Manuel Mariño, presidente, e Emilio Rodríguez, vocal, de MosSlot - Probas de slot en San Telmo
    Cinco pistas de slot, scalextric, están xa montadas no pavillón do IES San Paio, por parte do club MosSlot que esta fin de semana realiza en Tui, co gallo das festas de San Telmo realiza en Tui a segunda proba do campionato provincial no que se darán cita campións de España e outros afeccionados. Será mañá sábado a partir das 16h co “I Torneo Slot Festas de San Telmo”. Amais o luns celebrarase o Campionato Popular de Slot Festas de San Telmo. Así nolo explicaron hoxe Manuel Mariño, presidente, e Emilio Rodríguez, vocal, de MosSlot.
    12 min
  • Ent. Manuel Crisóstomo - Campionato de Tute Festas de San Telmo
    Hoxe venres a partir das 23.30 celébrase no Bar El Pilar de Tui o Campionato de Tute Festas de San Telmo, que este establecemento organiza dende hai 30 anos. Durante algo máis de dúas horas os participantes buscarán as mellores bazas para levarse o premio que serán racións de meixón. A inscrición está aberta ata comezo do campionato
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…