Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Arsenio Gállego e Maximino Fernández, do grupo de teatro Atalaia- Presentan hoxe 'A miña tía e as súas cousas'
    Ás 21.15h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui porá en escena “A miña tía e as súas cousas” baixo a dirección de Arsenio Gállego Chacón. Os dez actores da obra levarannos ata a historia dunha tía e a súa sobriña que lembran anualmente a desaparición do marido da tía na Rusia da División Azul. As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billetes ao prezo de 1,5€. Da mesma faláronnos hoxe Arsenio Gállego e Maximino Fernández.
    9 min
  • Ent. Manuel Martínez, do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil - Charla uso seguro de internet e móbiles
    Hoxe ás 18h o salón de sesións da Casa do Concello de Tui acolle a charla “Pautas para pais, nais e educadores sobre o uso seguro de internet e móbiles” a cargo de Manuel Martínez, do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil, e especializado neste tema. Esta actividade forma parte das xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Manuel Martínez avanzou na nosa sintonía algunhas cuestións nas que afondará esta tarde.
    12 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez- Feira Agroalimentaria polo San Telmo
    Este venres 1 de abril, no recinto do IES San Paio, terá lugar a feira agroalimentaria. Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez, organizadores da cita, contaron que a inauguración será este venres ás 17h, haberá un corte de cinta realizado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro con posterior discurso. A feira estará aberta até o luns de San Telmo, en horario de 11h a 20h e a entrada para a mesma custa un euro. A feira contará con 35 postos con venda de alimentos, artesanía e animación.
    6 min
  • Ent. Jesús Glez e Xacobo Pérez - Feira dos Cabalos de San Telmo
    O luns, 4 de abril, luns de San Telmo celébrase na rúa Loureiro en San Bartolomé a Feira dos Cabalos de San Telmo. Dende primeir ahora da mañá haberá compra e venda de gando, pero tamén a partir das 12.30h exhibicións de doma, por vez primeira "Aires de doma clásica" con cabalos de pura raza galega, pero tamén pases de monta antiga, de doma clásica ou de doma en liberdade, xunto a outras actividades. Contáronnolo Jesús González e Xacobo Pérez Paz.
    15 min
  • Ent. Xosé Nóvoa, membro de Andatui Rego da Pedra- Andaina San Telmo
    Mañá ás 14h pecha o prazo de inscrición para a Andaina de San Telmo, organizada polo club AndaTui Rego da pedra, que terá lugar este sábado 2 de abril. Xosé Nóvoa, organizador da andaina, explica que a mesma partirá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira para ir ata o Alto dos Cubos e os muíños do río Tripes. O prezo para participar é de 5€ para adultos e 3€ para menores de 12 anos. Os interesados poden formalizar a súa inscrición na web www.andatui.es
    4 min
  • Ent. Inés Santé, directora do Instituto de Estudos do Territorio- Obradoiro paisaxístico da Costa Sur- Baixo Miño
    O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza mañá en Tui, ás 18.30h na Área Panorámica, un obradoiro co gallo de definir as directrices da paisaxe de Galicia e concretamente das referidas á comarca. A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, explica que este obradoiro é a segunda parte da elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia. Na primeira parte contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…