Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. a Pablo Comesaña, produtor de Play-Doc- chamamento ó voluntariado
    Pablo Comesaña, produtor de Play-Doc, estivo na nosa sintonía para falarnos do gran labor que realizan anualmente os voluntarios, que se incorporan a equipos de traballo concretos. Dende o festival fan un chamamento a que se inscriban todos aqueles que queiran axudar. Non piden ningún requisito, soamente que teñan dispoñibilidade temporal e que poidan desprazáranse ata Tui cos seus propios medios. Os interesados en ser voluntarios no Play-Doc deben aportar os seus datos persoais e envialos ao correo electrónico, producció[email protected]
    13 min
  • Ent. a Juanjo España e a Juan Carlos Feijóo- I Torneo de Padel da Eurocidade
    Este xoves comeza a primeiro Torneo de Padel da Eurocidade, que se alongará ata este domingo. Os partidos disputaranse nas pistas de padel de Areas. Juanjo España, secretario do Club Padel explica que este deporte está en expansión e que en Tui o número de practicantes está en crecemento. Juan Carlos Feijóo, director deste Torneo deu conta de que este torneo non é competitivo, e para organizar ós participantes estableceron tres categorías, unha de iniciación, outra de amateur e un nivel onde poden xogar pais e fillos.
    10 min
  • Ent. Rubén López, Jorge Vicente e Karolis Biveinis, do Conservatorio P. de Tui - Concertos e actividades
    Hoxe comeza no Conservatorio Profesional de Música de Tui o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes. Ás 20.30h na sala de audicións do centro actuarán Alma Giráldez Vázquez ao violín, Ángel Cánfora Lorenzo á tuba e Diego Álvarez Coedo, ao piano. Este mércores haberá outro concerto na Sala Félix Rodríguez para presentar “O último home de Fukushima” de Károlis Biveinis e a próxima semana impartirán a "2ª Aula aberta de saxofón". Para falar destas actividades hoxe acompañáronnos Rubén López, director do Conservatorio xunto aos profesores Jorge Vicente e Karolis Biveinis.
    16 min
  • Ent. Jorge Gonçalves e Fernando Pérez - Actos da Semana Santa en Tui
    A Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia organiza os actos da Semana Santa en Tui. Destaca a visita aos monumentos que terá lugar o próximo Xoves Santo, pero tamén os distintos actos procesionais. Dos mesmo faláronnos no programa Día a Día Jorge Gonçalves e Fernando Pérez. Están pendentes do tempo para mañá ir recoller o material que precisan para montar a Horta das Oliveiras na Capela da Misericordia. O domingo celébrase a Procesión de Ramos.
    13 min
  • Ent. a Rockin' Gina and The Sentinals- Presentación do seu novo traballo
    Rockin’ Gina and The Sentinels son Ana Rodríguez, David á guitarra e Klaus Villarroel ó contrabaixo. Veñen de presentar o seu novo traballo, One Night Crazy, unha noite tola, gravado en Santiago de Compostela.
    O disco está composto por 12 temas de composicións propias. Explica Ana Rodríguez que xa teñen actuacións pechadas nas Palmas, en Canarias, en Alicante agardando ter moitas actuacións no verán. Mañá sábado, ás 23.30h, teñen presentación deste traballo no White Clover
    18 min
  • Ent. a Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez, organizadores da Feira Agrícola
    O vindeiro día 1 de abril abrirase a Feira Agrícola encadrada dentro das Festas de San Telmo en Tui e estará situada nos terreos do Instituto San Paio. Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez, membros da organización, deron conta que xa hai 25 participantes inscritos.
    Na Feira darase cita, ademais da maquinaria agrícola, exposición de coches antigos, postos de comida, exhibición de cans adestrados, cestería e cetrería.
    9 min
  • Ent. con Osvaldo Lages do Basket Club Valença- XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade
    400 participantes danse cita dende mañá e ata luns no XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade. Está organizado polo Basket Club Valença en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui. Trinta equipos de trece clubs deportivos de Galicia e Portugal, que sumarán 400 xogadores, participarán neste torneo que brindará tamén momentos de confraternización e amizade entre os participantes. Osvaldo Lages, do Basket Club Valença, deu conta que este torneo non é competitivo e que para a organización, todos son vencedores.
    6 min
  • Ent. Abel Vila- Folga dos traballadores de Servicarne
    Abel Vila deunos conta na primeira parte do Día a Día da folga que se vén de iniciar en Frigolouro do Porriño para reclamar “unhas mínimas condicións laborais” para o persoal autónomo dependente que pertence a Servicarne. Abel Vila relata que as condicións de traballo empeoraron con respecto a uns anos e que tamén viron reducido o seu soldo, malia que a carga de traballo se incrementou
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…