Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. a Manuel, Ana e Xavier, profesor e alumnos de portugués do IES Indalecio Pérez- Oferta de portugués no Instituto
    O Instituto IES Indalecio Pérez Tizón oferta, dende o ano pasado, portugués como segunda lingua dende 1º da ESO. En total, hai unha decena de alumnos estudando o noso idioma veciño en primeiro e segundo da ESO. Manuel quixo animar a que os alumnos comecen a aprender a lingua de Pessoa e de Saramago, deu conta das actividades e excursións que están a levar a cabo dende o departamento e Ana e Xavier contáronnos porque se animaron a estudar portugués.
    8 min
  • Ent. Patricia Cuña da OMIX da Guarda- Nova oferta formativa e lúdica para abril e maio
    A OMIX do Concello da Guarda fixo pública a programación de actividades de formación e lúdicas previstas para os próximos meses. Patricia Cuña, da OMIX da Guarda, explica que os cursos programados son monitor de tempo libre, smartphone como aliado na busca de emprego, taller de iniciación de gravado e un obradoiro para darlle novos usos a unha camiseta. Hai prazas dispoñibles nos catro talleres.
    6 min
  • Ent. ó concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso- impulso do turismo coa publicación de material turístico
    A concellería de Turismo do Concello de Tui vén de publicar seis dípticos e unha guía turística, que leva por nome a Atalaia do Camiño, Tui, onde se poderá coñecer os múltiples atractivos que ofrece a cidade. Este material turístico foi realizado polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015. O responsable de Turismo, Laureano Alonso amosou a súa satisfacción co resultado final, explicou máis polo miúdo os contidos dos dípticos e da guía e agradeceu ás persoas que colaboraron con ela de xeito altruísta.
    8 min
  • Ent. Ana del Valle, relatora do curso sobre abuso sexual infantil que se imparte mañá e pasadomañá na UNED de Tui
    A Aula da UNED de Tui acolle mañá xoves e venres, de 16:30 h a 20:30 h, un seminario sobre o abuso sexual infantil. Este seminario ten coma obxectivo que o asistente profunde neste tipo de conduta e adquira diferentes técnicas e ferramentas para a súa posible avaliación e intervención. O curso está dirixido a psicólogos, educadores, traballadores sociais, xuristas, e membros dos corpos de seguridade do Estado. Ana del Valle Couto, criminóloga e profesora do Centro Asociado da UNED, así se refería na RMT.
    5 min
  • Dez documentais galegos participaran en Play-Doc 2016
    O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, contará este ano con dez documentais galegos en proxección, 9 deles na sección Galicia, e o décimo na sección Oficial a competición. Víctor Paz, programador e responsable de comunicación do festival deunos conta da presenza galega no festival, onde estarán a meirande parte dos directores dos filmes.
    6 min
  • Ent. José Javier Bascoy, dtor da Agrupación Musical do Rosal - Concerto do Día do Pai e concurso xoves intérpretes
    A Agrupación Musical do Rosal vai celebrar este domingo o Día do Pai cun concerto titulado “Entre o divino e o pagán” baixo a dirección de José Javier Bascoy. Será ás 18.30h no Auditorio Municipal do Rosal. José Javier Bascoy falábanos deste concerto no que a música contemplativa marca o repertorio.
    Por outra parte este venres remata o prazo de inscrición para o Festival de Xoves Intérpretes “Antonio Granja” con novidades coma a apertura de participantes de calquera lugar.
    9 min
  • O venres celébrase o obradoiro de artesanía 'Decorando un bastidor' no Espazo Xove de Tui
    Este venres celébrase un obradoiro de artesanía no Espazo Xove de Tui para o que quedan prazas vacantes. Os interesados poden aínda hoxe anotarse.
    Quedan prazas tamén para o curso de contacontos que se vai celebrar o 31 de marzo e 1 de abril de 16.30h a 20.30h.
    Aínda non hai o número mínimo de alumnos para o curso de Power Point que terá lugar o 30 de marzo, e os días 1, 6, 8 e 13 de abril. Así o explicaba hoxe na nosa sintonía a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.
    5 min
  • Ent. Ángel Torres, artista tudense- Mostra pictórica na Sala Anexa da Área Panorámica
    O artista tudense Ángel Torres expón na Sala Anexa da Área Panorámica unha colección de pinturas hiperrealistas de mediano e gran tamaño onde se amosan rúas, monumentos e panorámicas de cidades coma Tui, Pontevedra, Santiago, Madrid ou Mallorca. Amais, hai cadros de temática relixiosa realizados con pinceladas moi rápidas e outra colección realista dedicada a hindús. Hoxe estivo na nosa sintonía Ángel Torres e relatounos tal e como é o seu proceso creativo.
    8 min
  • A Mostra de Cultivo do Baixo Miño ultima os preparativos para a súa edición deste ano que terá lugar o 2 e 3 de abril
    O sábado 2 e o domingo 3 de abril celebrarase en Goián, Tomiño a XIII Mostra de Cultivos do Baixo Miño organizada por Acubam, a Asociación Cultivos do Baixo Miño, coa colaboración do Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra.
    O presidente de Acubam, José Cosmed daba conta das novidades que presentará este ano a mostra, por unha banda dúas ponencias e por outra unha exposición da propia asociación sobre innovación en plantas e maquinaria. Haberá 30 expositores, tres deles por primeira de Portugal.
    5 min
  • Ent. Sergio Domínguez, presidente Feira de San Gregorio en Pías no Rosal
    Mañá ás cinco da tarde será inaugurada a tradicional Feira de San Gregorio en Pías, no Rosal. Un concurso de tortilla, o XIX Festival gastronómico da Rosca de Roxón, xunto a actividades infantís, actuacións de Oswaldo Digón, o Mago Xacobe ou o grupo Os Carunchos, forman parte do programa previsto. Haberá amais distintas exposicións. Contounolo Sergio Domínguez, presidente da comisión organizadora.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…