Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. a Antonio Lomba, alcalde de A Guarda- proposta para que o esteiro do Miño sexa Paisaxe Cultural da Unesco
    O esteiro do río Miño podería converterse en Paisaxe Cultural da Unesco. Por este feito traballan o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba e o presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves. Para potenciar esta candidatura, os dous alcaldes realizarán mañá, xunto cun cento de persoas inscritas, unha peregrinaxe polo Camiño Portugués da Costa, que sairá desde Áncora e rematará en Mougás. Así se refería o alcalde guardés a este feito na RMT.
    11 min
  • Ent. Eduardo A. Rguez Cunha 'Tatán' de Tanxarina - A Casa do Avó
    Tanxarina chega mañá ás 18.30h ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena “A casa do avó” para público familiar.
    Hoxe falamos con Eduardo A. Rodríguez Cunha “Tatán” un dos actores manipuladores xunto a Andrés Giráldez Río e Miguel Borines Fernández. A dirección corresponde a Cándido Pazó.
    As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
    5 min
  • Celso Parada, actor de Teatro do Morcego - Presidente
    Celso Parada protagoniza a comedia "Presidente" que Teatro do Morcego presenta hoxe ás 21h no Teatro Municipal de Tui. Completan o elenco Mercedes Castro, Federico Pérez, Iolanda Muíños e César Goldi. A obra trata dun tema de máxima actualidade e está a ter unha gran acollida por parte do público. As entradas poranse á venda esta tarde dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.
    7 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo de Tui - BTL, visitas guiadas, deportes
    O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacaba na nosa sintonía a importancia que ten poder contar cun posto propio no pavillón 2 da BTL. O investimento que realiza o Concello na feira é de 4 mil euros.
    Precisamente Tui estrea nesta feira material promocional novo elaborado polo obradoiro de emprego “Descubre Tui 2015” clausurado esta semana. Pero amais tamén se leva material promocional de restauración e hostalería local e de empresas de turismo activo, e do Campus Joe Arlauckas. E os que se acheguen ata a BTL poderán ollar tamén tres maquetas do conxunto histórico, a catedral e a vella ponte internacional cedidas por un particular.
    Tamén se referiu á recuperación das visitas guiadas ao conxunto histórico en Semana Santa, ao record de participación na V Eurocidade BTT, e ao convenio renovado coa FEGABA
    14 min
  • Ent. Ramón Álvarez, do Cineclub Poleiro de Goián- Proxección mañá dunha nova película no ciclo
    Mañá proxéctase no Auditorio de Goián a comedia “Unha pomba pousou nunha pola a reflexionar sobre a existencia", pertencente ao Ciclo do Cineclub Poleiro. A película conta con humor a vida de dous perdedores de entre 50 e 60 anos, dous vendedores de artigos de broma que viven nunha casa abandonada e teñen tres encontros coa morte. Así nolo explicou Ramón Álvarez, organizador deste ciclo de películas.
    2 min
  • Ent. a Sandra González, alcaldesa de Tomiño- Proxecto de Cooperación Amizade Cerveira-Tomiño e Tomiño é Humor
    Amizade Cerveira- Tomiño é o lema baixo o que as dúas vilas presentan un proxecto europeo que busca fortalecer a cooperación entre os dous municipios en distintos ámbitos de traballo. Esta candidatura forma parte de accións contidas na Axenda de Cooperación Transfronteiriza Cerveira- Tomiño da que nos falou Sandra González, alcaldesa de Tomiño.
    Amais, tamén falamos do Tomiño é Humor, unha serie de actuacións para este mes de marzo onde a risa é a protagonista.
    13 min
  • Ent. Eduardo Fernández, da Peña Ciclista Os Biciosos- V BTT Eurocidade
    Récord de participantes para a V BTT da Eurocidade que se disputa este domingo. Segundo Eduardo Fernández, da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, organizadores da proba, arestora teñen 930 inscritos. Aínda se poden realizar inscricións, xa que o prazo remata ás 12 desta noite. As estimacións é que participen preto de 1200 participantes. A saída terá lugar ás 9h dende Valnça e haberá unha ruta curta e outra longa.
    13 min
  • Ent. Javier Rivadulla, tudense interesado en Rosendo Salvado- Aniversario nacemento de Salvado
    Hoxe cúmprense 202 anos do nacemento do Bispo Rosendo Salvado, figura importantísima para a cidade de Tui e con sona en Australia. Precisamente, no país das antípodas realizáronlle no día de hoxe unha homenaxe a Salvado, inauguraron o Camiño de Salvado, un tramo que parte dende Suriaco ata Nova Nursia e que se establecerá como ruta permanente de peregrinaxe. Así nolo contou Javier Rivadulla, tudense interesado pola figura de Rosendo Salvado.
    8 min
  • Ent. a Juan Carlos Blanco, presidente e a Sergio Casal e Gabriel Mtnez, vocais de ACITUI- Actividades da Asoc.
    A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, promove varias iniciativas para as vindeiras semanas co gallo de incentivar o comercio local, como son Saborea Tui, a Feira de Oportunidades, a Campaña do Día do Pai ou a recuperación da Feira Agrícola polas Festas de San Telmo.
    Este venres dará comezo Saborea Tui, na cal todos os venres e sábados do mes de marzo, dende as 19h ata as 23h os hostaleiros e restauradores de Tui ofrecerán un petisco de balde con cada consumición. Esta fin de semana tamén terá lugar a Feira de Oportunidades na Glorieta de Vigo.
    18 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…