Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Eva Martínez, presidenta da Asociación de Afectados 1p36 e nai de Marta- Día Mundial Enfermidades Raras
    Hoxe celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras a nivel mundial, e para coñecer máis sobre esta realidade, quixemos conversar con Eva Martínez, nai de Marta, unha nena afectada polo Síndrome de Delección 1p36 e presidenta da Asociación Nacional de Afectados por esta enfermidade. Eva Martínez explicounos en que consiste o Síndrome de Delección 1p36 e as axudas ás que poden optar as familias.
    17 min
  • Ent. David Vila, presidente Asociación ADETO- Feira de Oportunidades
    David Vila, presidente da Asociación ADETO, deu conta de todo o que podemos atopar e mercar na Feira de Oportunidades, que se celebra no primeiro andar do Mercado de Tomiño e nos seus soportais. Esta feira é de interese para os comerciantes porque así, poden pór á venda todos eses productos que teñen en stock e comezar a nova temporada de primavera. O horario será ininterrompido o sábado e o domingo de 10h a 20h.
    6 min
  • Ent. Fofi Dorado e Paloma Saavedra, membros da org. da Asoc. Cultural Betún- Nacemento Asociación
    A Asociación Cultural do Betún naceu hai pouco máis dunhas semanas disposta a ofrecer unha ampla oferta cultural que abarca o teatro, a música ou mesmo e exposicións. Fofi Dorado e Paloma Saavedra, membros da organización, deron conta como naceu este asociación, faláronnos das actividades previstas para hoxe e mañá e informáronnos de como podemos facer para ser socios do Betún.
    10 min
  • Teatro do Atlántico presenta "O principio de Arquímedes" no Teatro Municipal de Tui
    Mañá sábado, ás 20h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de “O principio de Arquímedes” da man de Teatro do Atlántico. É unha obra dirixida por Xulio Lago e interpretada por María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez. Xulio Lago dábanos conta do argumento desta obra escrita por Josep M. Miró i Corominas
    As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.
    11 min
  • Magín Blanco presenta "Gatuxo" no Teatro Municipal de Tui mañá venres
    A música infantil encherá mañá ás 19.30h o Teatro Municipal de Tui co espectáculo "Gatuxo". É un espectáculo musico-teatral para bebés e familias a cargo de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri na parte musical e de Raquel Queizás na dramatización.
    As entradas para “Gatuxo” están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
    Magín Blanco falounos hoxe deste espectáculo.
    10 min
  • Ent. María Ferreiro, psicóloga - Xornadas Educar para protexer
    Ás seis desta tarde na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica comezan as xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Esta tarde María Ferreiro Candia, psicóloga, psicopedagoga e directora do Instituto de Tratamento da Conduta de Vigo, abordará os “Trastornos de conduta en nenos e adolescentes: pautas, normas e límites para axudar a controlalos”. María Ferreiro avanzaba na nosa sintonía os temas que vai abordar esta tarde.
    7 min
  • Ent. alumnos franceses de intercambio no IES Indalecio Pérez Tizón
    Esta semana están de visita na cidade 25 alumnos do Instituto Saint Pierre de Calais de Francia, que están de intercambio co centro IES Indalecio Pérez Tizón. Compartiron aulas cos alumnos tudenses, visitaron a Catedral de Tui e estiveron en Santiago de Compostela. Hoxe irán até Valença e a súa fortaleza e mañá viaxarán ata as Cíes
    Maxime, Clemont, Victorie e Sophie contáronnos que é o que máis lles gusta de Tui
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…