Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Este domingo celébrase a Feira San Entroido
    Preto de 70 postos haberá este domingo na Feira de Entroido que se vai celebrar no Paseo da Corredoira dende ás dez da mañá. Artesanía ou antigüidades serán algunhas das propostas presentes. Ás que se sumarán ás 12h a actuación do grupo de gaitas de Pazos de Reis e inchables gratuítos para nenos. Así nolo contaron hoxe Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Belén Guisande de PPart.
    7 min
  • Cayetano Lledó presenta 'Máxico Circus Cabaret' no Teatro Municipal de Tui
    Mañá sábado a partir 18.30h o mago Cayetano Lledó presenta un espectáculo de maxia teatralizada titulado “Máxico Circus Cabaret”. Está dirixido a público familiar.
    As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 17h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
    4 min
  • David Bueno i Torrens pecha a Semana da Educación en Tomiño
    Hoxe remata a Semana da Educación en Tomiño. A última ponencia comezará ás 18.30h no Auditorio de Goián onde David Bueno i Torrens falará de “Éxito académico ou éxito persoal? Unha cuestión de motivación, benestar e calidade”. A continuación, o conferenciante impartirá un obradoiro de emocións, razoamento e sociabilidade. Hoxe mantivemos unha ampla conversa con el.
    20 min
  • Esta tarde comeza a I Xornada de Maxia Solidaria
    A Sala de Exposicións Municipal acolle esta unha xornada de maxia solidaria
    Ás sete e media desta tarde ten lugar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a I Xornada de Maxia Solidaria. En concreto vai actuar o mago Paco González cun espectáculo de maxia familiar para nenos e maiores, Amais presentará o documental ‘’Un lugar llamado la Moskitia’’. A entrada, para fins solidarios, ten un prezo de 3€. Esta I Xornada de Maxia Solidaria organizada polos Misioneiros Seglares Vicencianos, MISEVI. Desta actividade falamos con Mónica Villar e Paco González.
    17 min
  • Valença celebra a festividade de San Teotonio
    Os actos programados para celebrar a festividade de San Teotonio, xunto ao calendario deportivo da Eurocidade que comeza este sábado, foron dous dos asuntos tratados na conversa mantida co vareador de Cultura e Deporte de Valença, José Monte.
    14 min
  • Cursos de Composición Musical, Creación de Blogs e Contacontos no Espazo Xove de Tui
    Este xoves comeza o curso de Composición Musical no Espazo Xove de Tui. Aínda quedan prazas vacantes. Así nolo explicou Mónica Bugarín, directora deste centro Xuvenil. Tamén avanzou que en marzo os mércores e venres vaise impartir un curso de Creación de Blogs e o 31 de marzo e 1 de abril celebarase un curso de Contacontos, e un obradoiro de artesanía en data aínda por confirmar. Esta información pode ampliarse no Espazo Xove de Tui na rúa Sanz, no 886 11 07 97 ou no correo [email protected].
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…