Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ángel Sánchez, coodirector de Play-doc- Campaña de micromecenado para editar o seu primeiro libro
    Play-Doc editará, por vez primeira, un libro que estará dedicado ao director afroamericano Charles Burnett, que leva por título Charles Burnett: un cineasta incómodo. O libro, está cofinanciado nunha parte por Tabakalera Centro Internacional de Cultura Contemporánea e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, mais Play-Doc precisa cubrir outros gastos. Por este motivo, vén de lanzar unha campaña de micromecenado na plataforma Verkami para lograr o apoio económico necesario para terminar o proxecto. Na web de Play-doc e no seu Facebook poden atopar máis información.
    12 min
  • Ent. Fátima Rodríguez, técnica da Cámara de Comercio Tui- Programa PICE para os mozos
    A Cámara de Comercio de Tui pon en marcha o Programa Integral de Cualificación e Emprego, denominado PICE, para axudar a mozos e mozas a incorporarse no mercado laboral. Fátima Rodríguez, técnica programa do PICE da Cámara de Comercio de Tui, explica que levarán a cabo o plan de capacitación, dividido en varias fases.
    Os interesados deben ter entre 16 e 30 anos e posuír o certificado dixital para poder inscribirse primeiramente no Plan de Garantía Xuvenil. Para obter máis información, poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Tui, dende as 9h a 18.30h ou chamando ó número de teléfono 986 60 02 16.
    8 min
  • Ent. Elisabet de Santiago, técnica de Educación Concello de Tomiño - Xornadas de Educación
    “Aprender a educar para paliar o fracaso escolar e persoal” é o título da Semana da Educación organizada polo Concello de Tomiño que se vai celebrar a próxima semana do luns 15 ao xoves 18 no Auditorio de Goián.
    Elisabet Pérez de Santiago, técnica do Concello de Tomiño, explicaba que estas xornadas xorden coma complemento aos programa É APRENDERrnede que desenvolven no Concello.
    7 min
  • Ent. Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo - Presentación do libro sobre o Plan Director da Catedral de Tui
    Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo, destacou na Radio Municipal de Tui que o libro "La catedral de Tui desde su Plan Director" supón a primeira monografía dende un punto de vista multidisciplinar realizada sobre a Catedral tudense. Salientaba que dende o Xacobeo e Turismo de Galicia a publicación deste libro supón unha achega para o coñecemento da Catedral coma elemento patrimonial importante pero tamén do seu papel no Camiño de Santiago.
    5 min
  • Ent. Iago Seara, arquitecto - Presentación do libro do Plan Director da Catedral de Tui
    A capela de San Telmo na Catedral de Tui acollerá mañá ás 18.30h a presentación do libro do Plan Director da Catedral de Tui. Iago Seara, arquitecto, explicou que se presentará o libro tanto en papel coma en formato dixital. O Plan director sinalou que recolle as actuación prioritarias no templo, parte delas xa realizadas, e tamén os plans de futuro. Para Iago Seara hai que dar un salto cualitativo con novas instalacións para o Arquivo Diocesano e o Museo Catedralicio.
    11 min
  • Ent. Nerea Alamancos, adxunta á xerencia de Establecementos Cholo- Visita de Cores Tourís
    Onte visitou a empresa tudense Establecementos Cholo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, co gallo de coñecer as melloras realizadas en canto ós equipos e zonas de traballo na empresa.
    Segundo apuntou Nerea Alamancos, adxunta á xerencia da empresa, con estas axudas procedentes da Consellería de Medio Rural puideron ampliar a capacidade do conxelador. Ademais, tamén adquiriron maquinaria nova, como un levador de carne para a máquina picadora, unha carretilla, xunto cunha nova furgoneta para transporte de mercancías.
    9 min
  • Ent. José Antonio Rodríguez Puga, cofundador da Asoc. de Resineiros de Galicia- Impulso da explotación da resina
    Un produto tan sinxelo e abundante en Galicia como é a resina de piñeiro está a ser moi demandada, o que fai que haxa unha oportunidade de mercado moi valiosa para o monte e para a nosa comunidade. Os seus usos son moi variados, para gomas de mascar, perfumes, vernices, entre outros, sendo unha solución de carácter natural ao contrario que o petróleo. Así o expresou José Antonio Rodríguez Puga, cofundador da AREGA, a Asociación de Resineiros de Galicia.
    15 min
  • Ent. Mónica Bugarín do Espazo Xove de Tui- Actividades
    O Espazo Xove de Tui planifica para estes primeiros meses do ano unha xornada de contacontos e un curso de blogues, para os que non hai datas fixadas polo momento. O que si está confirmado é o curso de composición musical, que se desenvolverá 4 xoves, o 18 e 25 de febreiro, e o 3 e 10 de marzo. O prazo de inscrición está aberto até o 15 deste mes.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…