Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Santiago Rodríguez Dávila, voceiro do PP de Salceda- Centro de saúde de Salceda
    O Partido Popular de Salceda de Caselas expresa a súa satisfacción pola cesión definitiva dos terreos á Xunta de Galicia, así como a aprobación do convenio de cooperación entre o SERGAS e Concello de Salceda, para a execución das obras de construción do novo centro de saúde. Aínda así, o voceiro popular, Santiago Rodríguez Dávila, explica que é falso o que di o goberno con respecto a que as parcelas nas que se construiría o novo centro de saúde estiveran entregadas á Xunta de Galicia, xa que o Sergas nunca puido acceder a estes terreos até que se fixo a reparcelación en xaneiro de 2015.
    8 min
  • Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda- Área Metropolitana e cesión terreos para o Centro de Saúde
    Marcos Besada, alcalde de Salceda, amosouse moi satisfeito co acordo tomado para a reforma da Lei da Área Metropolitana e a súa inmediata posta en marcha, que inclúe un consenso sobre o transporte metropolitano. Por outra banda, tamén valora moi positivamente a cesión de terreos que fará o Concello de Salceda á Xunta de Galicia para a construción do novo centro de saúde e o convenio de cooperación entre o Sergas e o Concello.
    9 min
  • Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses- Obras de apertura rúa Ourense e aparcadoiro
    Manuel González, voceiro de Ciudadanos Tudenses, adianta que se do seu partido depende o apoio para levar adiante as obras do aparcamento ou da apertura da rúa Ourense, unha vez visto o proxecto, non terían problemas en dicir si. Porén, argumenta que quere ver como se trata ós propietarios e como se levan a cabo as negociacións. Lamenta Manuel González, por outra banda, que o goberno municipal nunca se puxo en contacto co seu partido para tomar decisións.
    18 min
  • Ent. Santos Carreto, director do Porto Deportivo de Tui- Arranxos no Porto tralas enchentes
    A Consellería do Mar reparará os desperfectos ocasionados polo temporal na zona portuaria de Tui. Así nolo confirmou o director do Porto Deportivo de Tui e membro do Club Náutico San Telmo, Santos Carreto.
    Entre as accións que contempla a Consellería, está o amaño dos dous pilotes que se desencaixaron, obras no pantalán e a limpeza das inmediacións portuarias. Estímase que a reparación destes danos rondará os 150.000 euros.
    7 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, voceiro de C21- goberno, propostas e mocións
    Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21, afirmou que están investigando as contrapartidas políticas polas que APTui votou a favor da aprobación dos orzamentos municipais o pasado mes de decembro. Asemade tamén anunciou que levarán a pleno a colocación dun reloxo no concello no que se mida o tempo que leva Tui sen débeda, ao igual que fan nalgúns sitios de Alemaña.
    27 min
  • Exte xoves comezan as xornadas "Educar para protexer" en Tui
    “Educar para protexer” é o título das xornadas organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, que comezan esta semana.
    O concelleiro de Servizos Socias, Laureano Alonso, explicaba o obxectivo das xornadas e convidaba a asistir ás mesmas
    As xornadas comezan este xoves ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título “Como fomentar hábitos de autonomía dos nosos fillos. Normas e Límites”.
    3 min
  • Ent. Miguel Capón, tte alcalde e concelleiro AtT - Eurocidade, aparcamentos...
    A Eurocidade Tui-Valença segue avanzando pasos dende a súa creación hai cinco anos. O concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón explicaba na nosa sintonía que os dous municipios están perfectamente integrados no eido cultural e deportivo, e hai que seguir avanzando en compartir infraestruturas, e na ventanilla única entre os dous municipios que está xa en marcha.
    Por outra parte Miguel Capón amosouse moi satisfeito polo funcionamento do cuatripartito do que forma parte.
    25 min
  • Ent. Carmen Rodríguez Cedeira e Roberto Arenas, directora e relator do simposio Enfermidades crónicas cutáneas
    A Aula da UNED de Tui acolle hoxe e mañá un simposio sobre enfermidades crónicas cutáneas titulado “Panorámica actual, prevención e educación sanitaria en pacientes con enfermidades crónicas cutáneas”. Está organizado pola doutora Carmen Rodríguez Cerdeira, e contarán con destacados relatores a nivel nacional e internacional, entre os que se encontra Roberto Arenas Guzmán, xefe de sección de dermatoloxía e membro da Sociedade Mexicana de Dermatoloxía.
    15 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…