Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Sa
    O Concello de Tui é un dos participantes no proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico””
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou esta mañá que no ámbito de Tui o que se pretende é humanizar e mellorar a rúa Coengo Valiñ e San Bartolomé.O proxecto presentado a estes fondos europeos é ambicioso en palabras do rexedor tudense e supera o millón de euros de orzamento. Destacaba Enrique Cabaleiro que o Camiño Portugués é unha prioridade.
    7 min
  • Ent. Javier Reboreda e José Quinteiro - Partido Solidario
    Mañá venres, ás 19.30h, o novo pavillón de deportes de Tui acollerá o partido de fútbol sala xuvenil, da Liga Nacional de Honra, que enfrontará ao Randufe Fútsal de Tui e ao Burela Pescados Ruben.
    Este partido terá carácter solidario, en favor da asociación SOS Tomiño Baixo Miño, polo que se pedirá ao público asistente a doazón de alimentos, preferentemente leite, cacao e conservas vexetais.
    Do mesmo faláronnos hoxe Francisco Javier Reboreda, adestrador do Radufe Futsal, e José Quinteiro de SOS Tomiño-Baixo Miño.
    14 min
  • Ent. Marisa Giráldez de Bádminton Tui - Trofeo de Bádminton Concello de Tui
    Máis dun centenar de xogadores van participar este domingo, no pavillón do IES San Paio en Tui, no Trofeo Concello Tui Circuíto Babolat Deportes Carlos Miguel de Bádminton. Está organizado polo Club Bádminton Tui e o Club Bádminton Rachaplumas, en colaboración co Concello de Tui. Disputarase nas categorías Sub11, Sub13, Sub17 e Absoluto dende ás 9 da mañá ás 9 da noite. Do mesmo falounos hoxe Marisa Giráldez, presidenta do Club Bádminton Tui.
    12 min
  • Ent. Manuel Pereira da Comunidade de Montes de Areas -Día da Árbore
    A Comunidade de Montes en Man Común de Areas organiza para o sábado 13 deste mes unha actividade para conmemorar o Día da Árbore. En concreto a partir das catro da tarde, nas Mariñas, levarán a cabo unha plantación de frondosas no monte comunal. O punto de encontro para os participantes será o Centro Cultural de Areas. Dende a Comunidade de Montes convidan aos nenos e á xente nova a participar nesta actividade e deixar “a súa pegada ecolóxica”.
    6 min
  • Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade e Emprego do Concello de Tui - Policía Local, emprego, seguridade
    Hoxe celébrase o día da patroa da Policía Local e por este motivo conversamos co concelleiro de Seguridade e Emprego do Concello de Tui, José Ramón Magán. Anunciou o edil que no prazo dun ano ou ano e medio agardan ter cubertas as tres vacantes que arestora ten este corpo, Esta é unha das demandas da Policía Local, que en medios técnicos solicita un novo vehículo para substituír aos actuais que teñen moitos anos, un dispositivo para control de drogas e novas dependencias.
    José Ramón Magán deu conta amais de que calquera actuación en materia de circulación no casco urbano está condicionada á apertura da rúa Ourense. Avanzou en política de emprego a intención de cubrir as prazas vacantes que existen no concello.
    27 min
  • Ent. José Mtnez. Tato de AndaTui - Andaina por Guillarei e Paramos
    O Club AndaTuiRegodapedra organiza para este domingo, 31 de xaneiro, a primeira andaina do ano polas parroquias de Guillarei e Paramos. A saída está prevista ás nove da mañá dende a Ponte Romana na Veiga do Louro. Será un percorrido de 11,3 quilómetros cun desnivel de 124 metros. Os camiñantes irán por Guillarei ata o Monte das Penizas en Paramos e regreso ata o punto de partida. Os interesados deben inscribirse na webwww.andatui.es
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…