Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco e Sergio Casal, presidente e tesoureiro de ACITUI- Asemblea e actividades para este ano
    A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui , ACITUI, celebrou o pasado mércores, 20 de xaneiro, asemblea xeral ordinaria na Sala Félix Rodríguez, na que se decidiu que o novo vicepresidente de Asociación é Carlos González, os nomes dos tres novos vocais, e na que se decidiu a renovación da súa secretaria.
    Juan Carlos Blanco, presidente e Sergio Casal, tesoureiro, déronnos conta destes nomeamentos e adiantaron algunhas das actividades que plantexan para este ano.
    14 min
  • Ent. Antón Fonseca, vicepresidente de Terras Gauda- Actividade de Conservas A Rosaleira
    A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou hai uns días as instalacións da conserveira A Rosaleira, que forma parte do Grupo Terras Gauda. O vicepresidente de Terras Gauda, Antón Fonseca, falounos desta visita que calificou como moi positiva e da actividade da empresa, que se centra na elaboración de conservas vexetais de produtos artesanais como os grelos, os mirabeles ou o tomate.
    9 min
  • Ent. Mino Álvarez, membro da Asociación Cultural de Estás- Festas de San Sebastián en Estás
    Dende hoxe ata o domingo a parroquia de Estás, en Tomiño, festexa a San Sebastián. Hoxe venres haberá verbena amenizada polo grupo Adredde. Mañá a verbena correrá a cargo da orquestra Panamá e o grupo América S.L. O domingo haberá as tradicionais poxas e música do grupo de percusión Logika Acústica ás 22h. Así nolo contou Mino Álvarez, responsable do Centro Cultural.
    6 min
  • Ent. Rosa González, membro do grupo Donicelas- Presentación mañá do seu segundo disco en Salceda
    Mañá sábado ás 19:30 no Auditorio Municipal de Salceda terá lugar a presentación do segundo traballo discográfico do grupo salcedense Donicelas. O traballo leva o nome do mesmo grupo. O disco está formado por nove temas de carácter popular, e algúns de autor, como o de Paulo Nogueira. Rosa González, membro do grupo Donicelas, deunos conta de máis datos desta cita musical
    9 min
  • Ent. Jorge Marcote, experto en vide- Curso UNED viticultura
    Este xoves dará comezo o primeiro dos cursos deste novo cuadrimestre na aula UNED de Tui. Trátase de “Introdución á Viticultura” a cargo de Jorge Marcote Gil, especialista en viticultura e enoloxía. Celebrarase dende este xoves, 21 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2016, os xoves de 18:00 a 20:00h, e as sesións prácticas os sábados de 10 a 14h. O prezo do curso é 40€.
    Jorge Marcote explicou que este curso vai dirixido a un público moi amplo e que teña inquedanzas no mundo da vide, incluso teñan experiencia ou non, xa que sempre se pode mellorar a calidade da uva cunhas boas prácticas.
    13 min
  • Sección Semanal do Espazo Xove de Tui - 19012016
    O Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, é punto de información de interese para a mocidade con convocatorias de bolsas, certames, actividades... A súa directora Mónica Bugarín deunos conta hoxe do concurso para elixir o cartel do Certame Xuventude Crea, e tamén de axudas para estudantes universitarios. Esta información pode ampliase no seu teléfono 886 110 797 ou no seu Facebook.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…