Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Nava Castro, directora Xeral de Turismo- Cifras de peregrinos e Ruta da Lamprea
    Nava Castro deu conta de que as cifras de peregrinos rexistradas ao longo do ano 2015 volven demostrar que o Camiño de Santiago está en auxe. O número de camiñantes que recolleron a Compostela no 2015 chegou aos 262.515, o que supón 24.532 máis que no ano 2014.
    Por outra banda Nava Castro vén de inaugurar a Ruta da Lamprea, que implica a sete concellos da comarca do Condado. Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer o importante patrimonio que arrodea a este peixe e a súa captura nun enclave singular como é o río Miño.
    11 min
  • Ent. José Javier Bascoy, director Agrup.Musical do Rosal- Concerto solidario e 30º aniversario
    O Auditorio Municipal do Rosal acolle mañá mércores, ás 18.30h, un concerto solidario da Agrupación Musical do Rosal dirixida por José Javier Bascoy. No mesmo recollerán alimentos non perecedoiros para Conrazones. Precisamente o director da Agrupación Musical do Rosal deu conta do repertorio que interpretarán, con zarzuelas, ópera e pezas de cine e teatro.
    Por outra banda, a Agrupación Musical do Rosal cumple 30 anos e por isto vai celebrar durante este ano distintas actividades.
    8 min
  • Ent.Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Cabalgata de Reis
    Pese ao mal tempo Melchor, Gaspar e Baltasar madrugaron hoxe para percorrer todos os barrios e parroquias do Rosal nun periplo de varios quilómetros. Tras o percorrido matinal proseguirán esta tarde por Tabagón, A Portela, Eiras, Morán, Valdemiñotos, Couselo, A Lomba, Urgal, Barrio Novo, Cumieira de Abaixo, Cumieira de Arriba, e Sandián. Ás cinco da tarde regresarán á Praza do Calvario onde no salón de sesiónsa da Casa do Concello recibirán aos máis pequenos e nos baixos do Concello haberá unha chocolatada. Contounolo Charo Tabales, concelleira de Cultura
    2 min
  • Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata de Reis
    Pendentes do tempo están as Cabalgatas de Reis que se celebran mañá 5 de xaneiro. A da Eurocidade ten previsto que a comitiva real saia ás 17h dende Valença e chegue ao Paseo da Corredoira en Tui (fronte ao Seminario Menor) ás 19h. Mañá ás 12h tomarán unha decisión en función da climatoloxía de se sae a cabalgata ou se realiza so a recepción real. Así o confirmaba a concelleira de Cultura de Tui, María José González.
    4 min
  • Ent. Fernando Ferreira, pte Asoc. de pescadores do río Miño - Inicio temporada da lamprea
    Esta pasada noite comezou a campaña da lamprea 2016 no río Miño que se estenderá ata finais de abril. Na marxe española haberá entorno a 150 embarcacións autorizadas. Esta primeira noite da temporada, foi en palabras do presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, Fernando Ferreira, con poucas embarcacións debido ás adversas condicións climatolóxicas, pero cando menos xa viron algún exemplar o que lles da esperanzas para a pesca nos próximos meses.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…