Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui- Concerto de Fin de Ano
    A concelleira de Cultura, María José González, quixo convidar a todos aqueles que teñen dúbidas de se asistir ou non ao Concerto de Nadal de hoxe que o fagan, xa que vai sorprender a combinación da Banda de Música Popular de Tui coas voces do coro de Mistura Vocal e os bailaríns da Escola de Paula Cobián, xunto coa montaxe técnica.
    As entradas para este evento musical están xa á venda, ao prezo de 3,5€ e 2,5€, en www.culturatui.info ata hoxe ás 13h. Poderán mercarse tamén esta tarde dende as 19.30h no despacho de billetes.
    3 min
  • Ent. Aloia Martínez, directora do Coro Mistura Vocal- Concerto Fin de Ano
    O Coro Mistura Vocal, xunto coa Banda de Música Popular de Tui e bailaríns da Escola de Danza de Paula Cobián, actuarán ás 21h no Teatro Municipal de Tui no Concerto de Fin de Ano.
    O Coro Mistura Vocal, dirixido por Aloia Martínez, naceu en outubro de 2014 ofrecendo o seu primeiro concerto hai agora un ano. Neste tempo tense consolidado coma un coro independente no que os seus integrantes inician unha nova etapa con enerxías renovadas e ambicións de futuro. Durante dúas das pezas que interpretará o Coro Mistura Vocal actuarán bailaríns da Escola de Danza Paula Cobián. Aloia Martínez declarou na nosa sintonía que interpretarán obras principalmente do século XX e XXI a capela, tentando sempre conectar co público.
    7 min
  • Ent. Adolfo Besada, director da Banda de Música Popular de Tui- Concerto de Fin de Ano
    Hoxe ás nove da noite celébrase no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano, Correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e o Coro Mistura Vocal.
    A Banda de Música Popular de Tui afunde as súas raíces a finais do século XIX. Mantén unha actividade estable e continuada dende os anos 80 tendo na Escola de Música e no Conservatorio Profesional de Música de Tui o berce de moitos dos seus músicos. Dirixe esta agrupación Adolfo Besada e precisamente o seu director explicou na RMT cal vai ser o repertorio para esta noite
    4 min
  • Ent. María del Carmen Alonso, concelleira de Animación Sociocultural do Rosal- II San Silvestre
    Este xoves 31 de decembro, celébrase no Rosal a II Carreira Popular San Silvestre, composta por unha carreira de cinco km, e unha andaina dun km, e na que hai máis de 300 persoas inscritas.
    María del Carmen Alonso Alonso, concelleira de Animación Sociocultural do Rosal, deu conta das dúas citas deportivas que sairán dende a Praza do Calvario, a carreira ás 11h e a andaina ás 11.30h. Os corredores rematarán na Praza de Fornelo.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…