Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Mago Berto, que actúa esta noite no White Clover de Tui
    O Mago Berto actúa ás once e media desta noite no White Clover de Tui. O seu é un espectáculo con maxia e humor no que non falta a interacción co público. A entrada é gratuíta. O Mago Berto leva máis de nove anos actuando por toda Galicia e compartindo escenario con grandes artistas como Moncho Borrajo, Carlos Blanco ou Javier Veiga.
    4 min
  • Ent. Ana Isabel Mariño, xerente do Hotel A Torre do Xudeu en Tui- Mellor hotel da provincia según Trivago
    O hotel A Torre do Xudeu en Tui é o segundo hotel mellor valorado en Galicia, en relación as opinións dos clientes que usan a aplicación Trivago. Na provincia de Pontevedra, é o que recibe mellores valoracións, cunha puntuación de 92,64 décimas, e a tan só catro do establecemento Alén do Mar, en Fisterra, que encabeza el ránking de toda Galicia.
    A xerente do hotel tudense, Ana Isabel Mariño, explicou que abriron este establecemento na cidade sen experiencia previa no sector, hai pouco máis de dous anos. Ana Isabel Mariño expresou o orgullo e satisfacción ao recibir este premio.
    12 min
  • Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula UNED Tui - Cursos 2016-1
    Catorce cursos son os que oferta a Aula da UNED de Tui para este primeiro cuadrimestre do ano. Para todas eles está xa aberto o prazo de inscrición na web www.unedpontevedra, na propia Aula no antigo convento de Santo Domingo ou no teléfono 986 60 51 50 polas tardes de 16:00h a 22:00h. Dos mesmos deunos conta a coordinadora da Aula da UNED de Tui, Margarita Pino quen sinalou os bos datos de participación que rexistran as actividades desta aula.
    16 min
  • Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda- Desbloqueo por parte da Xunta da licitación para o novo centro de saúde
    Salceda de Caselas ve máis cerca a construción dun novo centro de saúde para a vila, dado que a Xunta de Galicia desbloqueou o proceso de licitación para construír un novo centro sanitario na parcela cedida polo concello no ano 2011. Marcos Besada, alcalde de Salceda, deu conta ante os nosos micrófonos da reunión que mantivo co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, onde acordaron dar os primeiros pasos neste ano 2016 para a asunción da parcela por parte da Xunta e tamén da redacción do proceso definitivo.
    8 min
  • Ent. organizadores I Mostra da Camelia Cidade de Tui
    A Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica de Tui, acollerá esta fin de semana a I Mostra da Camelia Cidade de Tui. A mostra está organizada por un grupo de tudenses amantes da camelia que convidan ao público a participar tanto coa presentación de flores coma acudindo á exposición na fin de semana. Participarán arredor de 60 expositores chegados de Galicia, Portugal e Asturias. Este sábado a primeira hora da mañá será montada a exposición por parte dos participantes. Ás 13h está prevista a inauguración oficial. Poderá visitarse o sábado de 16.30h a 20h e o domingo de 10 a 14h e de 16 a 19.30h.
    18 min
  • Ent. Mónica Bugarín, coordinadora do Espazo Xove- Actividades e comezo do ano
    Ata o mes de febreiro deste ano, a programación do Espazo Xove de Tui non dará comezo, debido a que aínda non se sabe o orzamento destinado a cada unha das actividades. Independente da programación, os servizos do Espazo Xove, como a aula de informática, a de xogos, a de música e a xestión de carnets continúan operativos.
    Mónica Bugarín adiantou que en breves mudarán o teléfono do Espazo Xove, que pasará a ser o 886 110 797.
    5 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Aprobación de orzamentos e outros
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou hoxe na Radio Municipal de Tui que ten unha sensación agridoce tras a aprobación do orzamentos porque lle gustaría ter tido máis apoios dos que tiveron. A aprobación das contas permitirá tomar medidas coma a contratación de persoal. En marzo agardan levar a pleno o remanente de tesourería que se destinará a investimentos. Por outra banda anuncia que se pospón o cambio de sentido nas rúas de San Bartolomé ata humanizar a zona, e avanzou que coa apertura da rúa Ourense eliminarase o dobre sentido de circulación en Augusto Glez Besada e Avda. da Concordia. Deu conta tamén de melloras en parques infantís do municipio, entre outras cuestións.
    27 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…