O concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, valorou positivamente a presenza da Eurocidade en FITUR a pasada semana, fixando obxectivos máis ambiciosos para a próxima edición. Xa para a BTL que se celebrará en Lisboa en marzo a Eurocidade terá presenza máis destacada con posto propio.
Laureano Alonso tamén deu conta da gravación onte en Tui de parte do documental "De Rosendo a Rosendo" por parte dun equipo australiano.