Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Marisa Giráldez, coordinadora de Bádminton Tui- I Torneo Exhibición de Bádminton en Tui
    O próximo martes, 29 de decembro, de 11h a 14h, celebrase no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui, o I Torneo Exhibición de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e o Concello de Tui. No mesmo xogadores federados realizarán partidos de exhibición, poderán participar tamén tanto nenos/as como adultos interesados en coñecer este deporte sen pertencer ó club de Bádminton de Tui. Así nolo explicou Marisa Giráldez, coordinadora de Bádminton Tui.
    14 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Actividades de Nadal
    Na Praza do Seixo en Tomiño está xa instalada unha carpa onde se celebran obradoiro infantís gratuítos este Nadal de 17 a 20h gratuítos. Tamén os domingo 27 e 3 de xaneiro haberá teatro infantil no Auditorio de Goián. O Mercado é outro dos eixos da actividade cultural deste Nadal coma nos explicou a alcaldesa, Sandra González. Tamén deu conta de que os Reis Magos chegarán de novo este ano ao Seixo logo do remate das obras na Praza
    7 min
  • Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Nadal
    A música é a gran protagonista das actividades de Nadal en Tui organizadas polo Concello de Tui ao través da concellería de Cultura e da de Turismo. Este xoves, día de Noiteboa, amenizará as rúas de Tui a Rondalla de Pexegueiro, e nestas datas podemos viaxar en tren turístico pola Eurocidade. Amais este sábado, actuarán as pandereteiras Tambaluca e o grupo folclórico Inquedanzas. Pero tamén está previsto un pasarrúas da Rondalla. Do programa completo falábanos hoxe a concelleira de Cultura de Tui, María José González.
    4 min
  • Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal- Actividades de Nadal
    As actividades xa comezaron no Rosal co festival de nadal da Agrupación Musical do Rosal, con cantos e panxoliñas. Para este sábado hai dúas actividades, un espectáculo infantil e familiar, o Zampa Libros, no Auditorio ás 18h. Ese mesmo día, a Coral da Agrupación Musical do Rosal vai dar un concerto na Igrexa Parroquial ás 19h. Este domingo haberá un concerto de corais de Ecos do Folón. Charo Tabales é a concelleira de Cultura do Rosal.
    7 min
  • Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura de A Guarda- Actividades de Nadal
    Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda, destacou que a Axenda para estas datas é ampla e variada, destinada a todos os públicos. En canto ó teatro para adultos, haberá nestas datas 3 obras no Centro Cultural. Para os máis pequenos, haberá mañá cinema infantil ás 17.30h Los Boxtrolls; o 30 de decembro Laranxus ás 17.30h, o 4 de xaneiro ás 17.30h Big Hero 6 e diferentes obradoiros.
    9 min
  • Ent. Alejandro Da Cuña- Presentación libro Receitas con Historia en Salceda
    Mañá preséntase Receitas con Historia ás 20.30h no Auditorio de Salceda de Caselas. Trátase dun libro no que o seu autor, Alejandro Da Cuña, recompilou ao longo dos últimos dous anos e medio receitas tradicionais que se elaboraban nas casas de Tui e da contorna. Síndrome de Rett, e Síndrome deleción 1p36 son as asociacións ás que irán destinadas os fondos da venda deste libro.
    7 min
  • Ent. Mónica Bugarín, coordinadora do Espazo Xove de Tui- Actividades desta semana
    O Espazo Xove de Tui finalmente non levará a cabo as actividades de xogo destinadas para os nenos no día de hoxe e mañá, debido a que non se cubriron as prazas dispoñibles. Como novidade, Mónica Bugarín explicou que os días 4 e 5 de xaneiro, o Espazo Xove só estará aberto en horario de mañá. Lembramos que o día 24 e 31 permanecerá pechado este centro xuvenil. O resto dos días, o Espazo Xove terá o seu horario habitual.
    Relativo a outras citas, está aberta a convocatoria do Parlamento Xove ata o 10 de xaneiro, destinada a alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º bach Ademais, tamén se abre a trixésimo edición das bolsas da Fundación Barrié de posgrao no estranxeiro.
    5 min
  • Ent. Emilio Vilar, do Café Museu de Tui- Campaña de recollida de xoguetes
    O Café Museu de Tui, recolleu máis de 1000 xoguetes na Campaña Solidaria que vén de organizar co gallo do Nadal. Ata mañá aínda se poden entregar xoguetes, e a cambio, o Café Museo regálanos un café. Para pechar a campaña, mañá farán unha festa na Rúa Ordóñez, de 16.00h a 19.30h, con inchables, espectáculo de danza aérea, monitoras realizando globoflexia e talleres de maquillaxe, Rematará a tarde coa entrega de xoguetes ó Concello de Tui.
    8 min
  • Ent. Roberto Paramos, xerente de Xadrez Galego - I Torneo de Xadrez da Eurocidade
    Mañá sábado celébrase o I Torneo de Xadrez da Eurocidade, organizado polos clubes de xadrez de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e Xadrez Galego.
    Este torneo comezará ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença, onde se xogarán as tres rondas matinais. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaranse catro rondas finais. O acto de clausura está previsto a partir das 20.00 horas españolas. Roberto Paramos, xerente de Xadrez Galego e organizador do trofeo.
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…