Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Diéguez Diepa, deán da Catedral de Tui - Apertura Porta Santa
    As Portas Santas das Catedrais de Tui e de Santiago de Compostela abríronse a semana pasada co gallo de celebrar o Ano Xubilar da Misericordia, convocado polo Papa Francisco, e que remata en novembro do ano 2016. Por primeira vez na súa historia, o acceso principal á basílica tudense transformouse en Porta Santa. En entrevista á Radio Municipal de Tui, o Deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, falou deste singular feito.
    12 min
  • Ent. Ana Pastor, candidata do PP por Pontevedra - Eleccións Xerais
    Na Radio Municipal de Tui concluimos hoxe as conversas mantidas esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Esta mañá foi a quenda da candidata do PP por Pontevedra e Ministra de Fomento, Ana Pastor. Destacou que a campaña foi o momento para facer balanzo destes últimos catro anos. Pedía o apoio este domingo a todas as persoas que queiran un país que siga progresando.
    9 min
  • Ent. Andrea González, pianista tudense- Actuación na Mostra España en Valença
    A pianista tudense Andrea González actúa este sábado 19 de decembro ás 20h españolas no Arquivo Municipal na Fortaleza de Valença, dentro da Mostra España. A entrada é gratuíta.
    Andrea González fará unha homenaxe a Arthur Rubinstein, unha das primeiras figuras que deu a coñecer a música española máis aló das nosas fronteiras. Interpretará o programa titulado Música de España, que foi gravado entre 1928 e 1976.
    9 min
  • Ent. Eduardo Cadenas, pte Asociación Amigos da Catedral- Concursos na Catedral
    A Catedral de Tui organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Catedral, para estas datas diversos concursos de Nadal, o concurso de panxoliñas, de corais e de beléns.
    O décimo oitavo concurso de panxoliñas pechou a inscrición no día de onte. Haberá 3 premios para os gañadores, ademais, o xurado poderá outorgar 3 accésits en función da calidade dos grupos de panxoliñas. O día 3 de xaneiro poderanse escoitar as panxoliñas na Catedral. Eduardo Cadenas é o presidente da Asociación de Amigos da Catedral.
    12 min
  • Entrevista a Manel Loureiro, escritor- Presentación do seu libro no Espazo Lector Nobel
    O Espazo Lector Nobel organiza ás 20h un encontro co escritor Manel Loureiro, un dos autores con máis éxito do momento, que asinará exemplares da súa última novela “Fulgor”. Manel Loureiro, explicou nos micrófonos da Radio Municipal de Tui que a súa quinta novela, Fulgor, publicouse en outubro deste ano, e que en breves dará o salto para outros países, como Latinoamérica, Estados Unidos, o Canadá, Australia ou Reino Unido, debido á boa acollida que está recibindo.
    12 min
  • Ent. Alexandra Fernández,nº1 por Pontevedra de En Marea - - Eleccións Xerais
    Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Alexandra Fernández, candidata pola provincia de Pontevedra do partido En Marea, quixo subliñar que estas eleccións do 20 de decembro son históricas, xa que nunca houbo tanta incerteza nin tanta pluralidade. Destacou a candidata Alexandra Fernández que o partido En Marea pretende darlle continuidade ó proxecto de cambio iniciado nas eleccións municipais do pasado mes de maio.
    9 min
  • Ent. Rubén López, director; Beatriz Cristóbal, e Laura González, do Conservatorio - Concerto de Nadal
    Mañá xoves,17 de decembro, o Conservatorio de Música de Tui celebra un concerto de Nadal con compoñente solidaria ás 20h no Teatro Municipal da Área Panorámica. Así, os interesados en asistir ó concerto deberán entregar un quilo de alimentos para obter a súa entrada. O teatro estará aberto dende as 18.30h para recoller os alimentos. Así nolo contaron Rubén López, director do Conservatorio; Beatriz Cristóbal, secretaria e Laura González, xefa de estudos
    9 min
  • Ent. Antonio Lara, nº1 por Pontevedra de Ciudadanos - Eleccións Xerais
    Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Antonio Lara, o nº1 por Pontevedra de Ciudadanos explicou que a campaña está a ser moi intensa e a están a vivir con moita ilusión. Na provincia dicía que das conversas coa xente nota que hai vontade de cambio. Lograr representación por Pontevedra sería un éxito. Agardan obter o mellor resultado posible.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…