Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carmen García Braga, pta. ACIGU - Campaña de Nadal
    A Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU, ten en marcha a súa campaña de Nadal con diversas actividade ao longo destas festas para incentivar e promocionar o comercio local. Este mesmo sábado comezan con propostas de lecer no entorno da Alameda, non na propia Alameda que ese día acolle un acto político. Os outros sábados de mes tanto a Alameda coma a Praza Nova serán o escenario das actividades programadas, ás que se suman a presenza de Papa Noel e inchables. Estes días porán en marcha tamén o aparcamento no patio do colexio dos Pais Somascos para facilitar as compras.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias fin de semana
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, traslada hoxe ao subdelegado do Goberno os informes da Policía Local e da Garda Civil das pelexas que se están rexistrando en Tui nas últimas fins de semana. O obxectivo é establecer un protocolo de de seguridade que permita a vixilancia e poder contar con máis presenza policial nas rúas. Este é un problema complicado que compete a varias administracións.
    6 min
  • Ent. Emilio Villar do Café Museu - Campaña de Recollida de Xoguetes
    O Café Museu organiza unha campaña de recollida de xoguetes de Nadal. Así, dende hoxe 7 de decembro e ata o 22 deste mes, a cafetería cambia un xoguete que estea en bo estado por un café. Esta campaña conta coa colaboración do Concello de Tui e a Radio Municipal de Tui, entre outros.
    Emilio Vilar do Café Museu explicou coma xurdiu esta campaña.
    4 min
  • Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Programación de Nadal
    Fortaleza de Chocolate, Duendelandia, Compras con Premios, Tren de Nadal e Festa dos Reis marcan a oferta de Nadal e de Reis de Valença, que se prolongará até o 9 de xaneiro, e que forma parte da Axenda de Nadal presentada en conxunto con Tui. O vereador de Cultura de Valença, José Monte, explicou na RMT que con esta oferta pretenden congregar a moitos visitantes e turistas, implicando á Eurocidade Tui- Valença, ó comercio ou á Fortaleza.
    6 min
  • Entrevista con Carlos V. Padín, voceiro de C21- Rolda conversas políticas
    Hoxe visitou a nosa sintonía o voceiro de Converxencia 21, Carlos Vázquez Padín, dentro da nova rolda de conversas cos partidos políticos que vimos de empezar. Carlos Vázquez Padín manifestou que o grupo de goberno reuniuse co seu partido e co resto dos grupos da oposición para presentarlle as liñas mestras ás que van ir dirixidos os orzamentos para o vindeiro exercicio.
    23 min
  • Ent. Yolanda Rodríguez , concelleira - Ataque Informático Concello de Tui
    Un ataque informático, por un cryptovirus, mantén dende onte practicamente paralizados distintos departamentos do Concello de Tui. A concelleira Yolanda Rodríguez, explicou en declaracións á Radio Municipal de Tui que onte ao mediodía detectouse o problema nun ordenador e se activou o protocolo de seguridade para estes casos. Técnicos municipai, aos que se sumarán técnicos de Novas Tecnoloxías de Deputación, traballan dende onte para solucionar o problema. Hoxe non funciona nin o rexistro de entrada nin o de saída no Concello. Esta mañá presentarase denuncia por este ataque ante a Unidade de Delictos Informáticos da Garda Civil.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…