Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Sección Semanal do Espazo Xove de Tui
    A semana próxima, o luns e martes pola mañá, de 11h a 13h, o Espazo Xove organiza unhas xornadas de xogo aproveitando as vacacións de Nadal, destinadas a nenos e nenas entre 8 e 10 anos. Hai soamente 10 prazas dispoñibles e é preciso inscrición previa.
    Por outra banda, Mónica Bugarín deu conta que os días 24 e 31 o Espazo Xove estará pechado.
    3 min
  • Entrevista ó director e prof. do Conservatorio de Tui, con Rafael Llebra, prof. do Conservatorio de Vigo- Curso saxofón
    Hoxe recibimos nos nosos estudios ó director do Conservatorio de música profesional de Tui, Rubén López; a Jorge Vicente, profesor do Conservatorio e a Rafael Llebra, profesor no Conservatorio de Vigo. Os tres convidados deron conta de que para a vindeira semana, concretamente o luns durante a mañá e pola tarde e o martes pola mañá, impartirase unha aula aberta de saxofón no Conservatorio de Tui.
    15 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión Área Metropolitana de Vigo
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu o pasado sábado a unha nova reunión para a constitución da Área Metropolitana de Vigo. Esta supramunicipal comezará con 14 concellos, e de xeito inmediato se ampliará a 20 municipios, entre eles o do Tui, para o que é preciso a aprobación por parte da Xunta de Galicia. Para Enrique Cabaleiro esta área conformada por 20 concellos terá gran pese e envergadura. A adhesión de Tui á mesma suporá para os veciños un abaratamento no transporte metropolitano, ou a baixada de taxas ao consorciarse distintos servizos.
    5 min
  • Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho de Mosteiró
    Mañá sábado celébrase o derradeiro percorrido do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade. Será polo Trilho de Mosteiró na freguesía de Cerdal en Valença. Sairá ás 10h hora española dende a igrexa matriz de Cerdal, ou quince minutos antes do aparcamento do Lidl en Valença.
    Esta andaina consta de 11,8 quilómetros de percorrido de dificultade doada, cun tempo estimado de 4 horas e media.
    3 min
  • Ent. Edurne Sendra de Fiablone - Charla e exhibición de calabizo no Mercado da Verdura
    O cárcere vello en Tui acolle mañá sábado de 10 a 14h un novo Mercado da Verdura coa venda de produtos ecolóxicos. Amais mañá haberá unha charla e exhibición do calabizo, chourizo de cabaza cuxo ingrediente principal é a cabaza con especias e aceite de oliva, elaborado por Fiablone,
    Edurne Sendra é unha das socias de Fiablone e explicaba hoxe na nosa sintonía que é o calabizo, no levan traballando preto de dous anos, e hai un par de meses o lanzaron ao mercado onde teñen unha gran acollida.
    6 min
  • Ent. Alejandro Da Cuña, autor - Presentación do libro "Receitas con historia"
    Alejandro Da Cuña presentará mañá sábado, ás 19h, no Teatro Municipal de Tui o seu libro "Receitas con historia" no que vén traballando ao longo de dous anos e medio. Dende ás 18.30h poderanse retirar as entradas de balde, un máximo de dúas por persoa, no despacho de billetes. O libro, cun prezo de 10€, está xa á venda nas librarías tudenses. Os fondos recadados irán destinados ás asociacións Síndrome de Rett, e Síndrome deleción 1p36.
    12 min
  • Entrevista con David Vila, presidente de ADETO- Campaña de Nadal
    A Asociación de comerciantes de Tomiño, a ADETO, inicia a súa campaña de Nadal con diversas actividades para impulsar as vendas no comercio. David Vila explicou que dende ADETO están sorteando vales de compras nos comercios, que van dende os 5 euros ata os 200 euros, acción que comezou o pasado luns 7 de decembro e rematará o 7 de xaneiro.
    Aparte este ano hai unha novidade, xa que esta fin de semana, na Rúa da Guarda, realizarán un pequeno centro comercial para que os que se acheguen a Merca Nadal poidan adiantar as súas compras nestas datas.
    7 min
  • Entrevista a ACITUI- Actividades de Nadal
    Co gallo de coñecer as actividades que organiza a asociación de comerciantes de Tui, a ACITUI para estas datas, hoxe mantivemos unha conversa con Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, e Abel Vila, secretario da asociación. Para dinamizar o comercio neste Nadal, a asociación levará a cabo o concurso de escaparates, no que xa están inscritos arestora como participantes 22 comercios. O prazo de inscrición remata mañá.
    Tamén dende ACITUI convidarán a Papa Noel para que reparta caramelos e recolla as cartas dos máis pequenos. Estará os días 19 e 20 desde as 17h e as 20h e os días 22, 23 e 24 dende as 16.30h ás 19.30h.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…