Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Entrevista con Natalia González de Érguete Baixo Miño- Día da SIDA
    #DíaaDía | Hoxe, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da #SIDA. Dende Érguete Baixo Miño, este ano, coincidindo coa celebración deste día, elaboraron unha Campaña co lema “Sen estigmas" para incrementar os coñecementos fronte a infección do VIH e outras ETS sempre promovendo a igualdade de trato e a non discriminación. Así nolo explicou Natalia González, técnica de Érguete Baixo Miño.
    9 min
  • Entrevista con Manuel Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas- Sentenza titularidade viveiro
    A xustiza dálle a razón á Comunidade de Montes de Areas sobre a titularidade dunha parte do viveiro forestal de Areas. O presidente da Comunidade de Montes, Manuel Pereira, explica que o Concello de Tui, en 1919, cedeu ao Estado unha porción de Monte Veciñal e Mancomún para a construción dun viveiro forestal. Unha parte deste viveiro xa se lle foi devolta en 1981 e agora fíxoselles entrega da outra parte do viveiro e dos terreos arredores, cun total de 12 hectáreas.
    10 min
  • Ent. Teresa Domínguez, dtora. CRA - Recollida de Xoguetes
    O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torre de Tui organiza unha recollida de xoguetes de cara ao Nadal. Teresa Domínguez, directora do CRA, apuntou que os xoguetes, xogos de mesa educativos, libros de lectura ou contos que se donen deben estar en bo estado. Ata o 15 de decembro pódense entregar os xoguetes na Radio Municipal de Tui, nas aulas do CRA en Pexegueiro, Malvas, Areas, Ribadelouro, Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas, e na sede do CRA no colexio número 2.
    8 min
  • Ent. Mercado de Nadal Solidario
    O domingo, 6 de decembro, de 11 a 21h, celebrarase no conxunto histórico de #Tui un Mercado de Nadal solidario, promovido por ACITUI, Somos Arte e o colectivo +KARTE. Hoxe venres visitaron os nosos estudios Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, María Jesús Pérez Diz, presidenta en Funcións de +KARTE e Abel Vila, Secretario de ACITUI, para darnos todos os detalles desta iniciativa.
    13 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Deportes - IV Gala do Deporte Tudense
    Hoxe ás 20.30h celebrarase no Teatro Municipal de Tui a IV Gala do Deporte Tudense.Nesta festa do deporte recoñecerase o traballo realizado por deportistas, clubs, adestradores e entidades. Da mesma falou hoxe na nosa sintonía o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso. Tamén se referiu á feira de Nadal que terá lugar o domingo 6 de decembro.
    14 min
  • Entrevista a José Quinteiro, p. de SOS Tomiño e con Pedro Pereira, p. do Banco de Alimentos de Vigo- Campaña doazón
    Este venres e sábado, SOS Tomiño Baixo Miño colabora co Banco de Alimentos de Vigo nunha gran recollida de alimentos en supermercados de Tui e Tomiño. Polo tanto, fan un chamamento a que se unan voluntarios para recoller estes alimentos nos supermercados e axuden a este labor. Os establecementos adheridos á campaña é o Gadis, Día e Lidl de Areas, Día de Tomiño e de Tui, e supermercado Familia de Tui.
    23 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…