Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Entrevista con Mónica Bugarín do Espazo Xove- Actividades desta semana
    Como cada luns, repasamos con Mónica Bugarín, as propostas do Espazo Xove de Tui.
    Este venres 20 realizarase un obradoiro, mais as prazas xa están cubertas. Mónica Bugarín recomenda inscribirse para o obradoiro que se celebra o día 11 de decembro e no que hai prazas dispoñibles. Por outra banda, o venres 27 haberá un curso de crowdfunding, de 16.30h a 20.30h, totalmente gratuíto polo que hai prazas dispoñibles.
    5 min
  • Entrevista con Marcos Besada, alcalde de Salceda- Denuncia arquivada pola Fiscalía por presunta prevaricación
    A Fiscalía de Pontevedra arquivou a denuncia presentada polo PP de Salceda en maio deste ano contra o alcalde Marcos Besada por presunta prevaricación.
    O pasado mes de setembro Marcos Besada prestou declaración ante o fiscal Xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, en calidade de investigado por un presunto delito de prevaricación.
    Marcos Besada amosouse nos nosos micrófonos satisfeito pola decisión da Fiscalía e que a denuncia non é máis que unha nova derrota do Partido Popular, que decidiu xudicializar a política en Salceda para intentar conseguir o que lle negan as urnas.
    7 min
  • Ent. Antonio Carral de O Alle - Charla sobre Leite e queixo ecolóxico
    Os produtos ecolóxicos serán de novo mañá os protagonistas no cárcere vello en Tui nunha nova edición do Mercado da Verdura. Lembramos que se celebra cada segundo e último sábado de mes baixo a organización do Concello de Tui, APEGA e Foro Tude.
    Ás 11h da mañá haberá unha charla sobre “Leite e queixo ecolóxico” a cargo de Antonio Carral de O Alle, unha empresa familiar de produción ecolóxica situada en Lalín..
    8 min
  • Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho Corredoura do Manco
    Mañá sábado, 14 de novembro, celébrase o Trilho Corredoira do Manco que forma parte do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade.
    Sairá ás 10 hora española dende o campo de fúbtol de Friestas ou quince minutos antes do aparcamento do Lidl en Valença.
    Consta de 10,5 quilómetros de percorrido polas freguesías de Friestas e San Fins con dificultade doada. Deunos todos os detalles Marina Carvalho de Celtas do Minho
    5 min
  • Ent. Kirenia Martínez de Entremáns con Xogas
    O sábado, 14 de marzo, ás 19h Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo de danza contemporánea “Xoga” da man da compañía Entremáns da Coruña.
    Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez son as creadoras, directoras e intérpretes deste espectáculo, con contido didáctico, sobre o funcionamento do noso corpo. Vai dirixido a público familiar e, especialmente, a rapaces/as de máis de 3 anos. Do mesmo falounos Kirenia Martínez.
    8 min
  • Ent. Alcalde da Guarda, Antonio Lombra - Reunión A Guarda - Caminha
    O esteiro do Miño candidatarase a Patrimonio da Humanidade da UNESCO na categoría de Paisaxe Cultural. Así o acordaron o pasado venres nunha reunión o Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha. Nese encontro tamén se puxo sobre a mesa dar unha solución á comunicación entre os dous municipios hoxe en día ao través do transbordador.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…