Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro- Diversos asuntos de carácter municipal
    Hoxe conversamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre diversos asuntos de interese. Co rexedor debullamos entre outros puntos, que ó Pleno levarán unha moción para demandar á Xunta a construción da nova escola para Pazos de Reis e dun Centro de Día na finca da Lagarteira. Ademais, tamén exporán no Pleno á petición á Xunta de Galicia da necesidade de trasladar as dependencias dos Xulgados ós antigos terreos de Camfram, debido á falla de espazo.
    26 min
  • Entrevista con José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza viaria, sobre diversos asuntos
    José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza viaria, expresou que nos vindeiros días van acometer a limpeza de diversos viarios nas entradas de Tui, e de estradas de parroquias. Así o relatou na nosa sintonía, durante o Día a Día. Na conversa mantida tamén debullou outros asuntos, como a xuntanza coas asociacións culturais sobre o curso de fitosanitarios que vai ter lugar este xoves ás 19.30h e a charla sobre a vespa velutina deste venres ás 18.30h. ámbalas dúas na Sala Félix.
    11 min
  • Entrevista con Neves Seara, autora da performance da Praza da Catedral de Tui- Día contra a violencia de xénero
    Mañá mércores celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En Tui, a Deputación de Pontevedra organiza unha performance ás 12 do mediodía na Praza da Catedral de Tui. A artista Neves Seara interpretará o Amante de Sal.
    Amante de Sal é unha proposta que conecta moi ben co público e reivindica a figura das mulleres que están ausentes por culpa da violencia. A inseguridade pola falla de visión e peso no seu espectáculo, irán acompañando os 54 pasos que realizará a artista a través de 54 kg de sal polas 54 mulleres homenaxeadas falecidas o ano pasado.
    8 min
  • Entrevista con Hugo Laje, sobre a actividade de crowdfunding que terá lugar este venres no Espazo Xove
    Hugo Laje vai dar unha charla no Espazo Xove de Tui sobre o crowdfunding, ou o financiamento colectivo. Esta actividade terá lugar este venres dende as 4 da tarde, e está destinada a aquelas persoas que queiran emprender neste tipo de accións.
    O que se vai traballar no encontro son os diferentes tipos de crowdfunding e coñeceranse proxectos prácticos de accións emprendidas e que obtiveron éxito e outras que non o alcanzaron.
    7 min
  • Entrevista con Felicita Iglesias, vocal da Asoc. Parkinson Baixo Miño- Encontro no Centro Sociocomunitario
    Hoxe conversamos con Felicita Iglesias, vocal da Asociación de Parkinson Baixo Miño, sobre unha nova acción que vai arrincar en poucos días. Esta actividade, que se realizará este xoves ás 5 da tarde, consiste en que as persoas interesadas na Asociación poden acudir á cafetería do Centro Sociocomunitario de Tui, coñecer os traballos da organización dunha forma máis relaxada, mentres se toman un café. Felicita Iglesias indica que arestora hai arredor de 20 socios e dende a Asociación con estes encontros pretenden coñecer de primeira man o que demandan os enfermos e as súas inquedanzas.
    8 min
  • Entrevista con Eduardo Sanjurjo, dono do ximnasio DiSom- Licencia de actividade do Ximnasio
    A pasada semana coñeciamos que o exalcalde de Tui, Moisés Rodríguez, foi imputado por un presunto delito de desobediencia por non tramitar, supostamente, o expediente de reposición da legalidade e peche dun ximnasio no casco urbano do municipio. O dono do ximnasio, Disom, Eduardo Sanjurjo, estivo hoxe na nosa sintonía para deixar unha mensaxe clara, o ximnasio está aberto e funcionando.
    Eduardo Sanjurjo deu conta que cumpren todos os requisitos legais para obter a licencia de actividade e que levan 25 anos agardando.
    15 min
  • Entrevista con Luis Vicente Risco, presidente da Fundación V.Risco- Conferencia sobre cultura galego-portuguesa
    Hoxe venres, ás 20h, na Sala Xacobeo da Área Panorámica, Exposición e Conferencia da Fundación Vicente Risco en Tui. A Conferencia está impartida a cargo de Luís Martínez Risco, Presidente da Fundación Vicente Risco e historiador. Presentará “A cultura alicerce da unión Galicia-Norte de Portugal. Lusofonía”, dentro do programa “A cultura que une”. Luis Martínez Risco apunta cales son as liñas nas que versará a súa charla.
    10 min
  • Entrevista a Miguel Abreu, responsable do III Trofeo de Baile Deportivo
    Este domingo 22 de novembro, a partir das 14h. españolas, no pavillón municipal de Valença, terá lugar o III Trofeo de Baile Deportivo no que participarán 140 parellas procedentes de Galicia e doutras comunidades, ademais de Portugal. Esta competición, que está organizada pola Eurocidade Tui-Valença e a Escola de Baile Pasos Galicia, prolongarase ata as 21h. españolas. Miguel Abreu, responsable do Trofeo, mostrouse moi satisfeito polo elevado número de parellas inscritas nos nosos micrófonos.
    10 min
  • Entrevista a ACITUI- BlackFriday
    Co gallo de incentivar o comercio local tudense e aumentar as súas vendas, a asociación ACITUI organiza o BlackFriday, ou o venres negro, unha oportunidade de mercar máis barato o vindeiro venres 27, de 20h a 00h con descontos de ate o 60%. O BlackFriday, que naceu en EEUU, estase popularizando en todo o mundo.
    Hoxe estiveron na nosa sintonía Miguel Martínez Rodríguez, vicepresidente de ACITUI, e Abel Vila Martínez, secretario.
    7 min
  • Entrevista a membros de ACITUI- Iniciativa BlackFriday
    Co gallo de incentivar o comercio local tudense e aumentar as súas vendas, a asociación ACITUI organiza o BlackFriday, ou o venres negro, unha oportunidade de mercar máis barato o vindeiro venres 27, de 20h a 00h con descontos de ate o 60%. O BlackFriday, que naceu en EEUU, estase popularizando en todo o mundo.
    Hoxe estiveron na nosa sintonía Miguel Martínez Rodríguez, vicepresidente de ACITUI, e Abel Vila Martínez, secretario.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…