O día 27 de outubro ás 20h a asemblea de pais e nais, pertencentes á ANPA do CEIP de Pazos de Reis, acordou por unanimidade solicitar unha entrevista co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, para solicitar o compromiso da administración coa construción dun novo edificio para o CEIP de Pazos de Reis na finca da Lagarteira.
A falta de infraestruturas e de espazo axeitado para o desenvolvemento da actividade escolar dun xeito máis satisfactorio para os nenos e nenas é o motivo principal das súas reivindicacións. Montserrat González é a presidenta da ANPA de Pazos de Reis.