Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Dean Flecher, presidente do CC de la Fuente- 2ª Proba da Transgalaica
    Record de participación para este domingo na Transgalaica que saíra ás 10h dende as instalacións deportivas da Macoca. En total serán 367 ciclistas que percorrerán 60 quilómetros por distintos puntos de Tui e na parroquia porriñesa de Chenlo. Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente destacaba as boas instalacións na Macoca e a paraxe espectacular do Aloia, localización principal da Transgalaica.
    8 min
  • Ent. a Jose Monte, vereador de Cultura e Deporte de Valença sobre diversos asuntos
    Na entrevista que mantivemos no Día a Día co vereador de Cultura e Deporte da Cámara Municipal de Valença, Jose Monte, falamos sobre a colocación marca peonil do Camiño Portugués na vella Ponte Internacional que terá lugar mañá ás 19h. Unha hora despois será o Concerto da Orquestra do Norte (Porto) baixo o título “De Oriente a Occidente” no Teatro Municipal de Tui. Tamén houbo tempo para debullar a Feira da Lamprea e o regreso da primeira andaina da Eurocidade este domingo ás 10h.
    15 min
  • Ent. Miguel Capón, tenente alcalde de Tui - BTL, Aniversario Ponte Internacional e Bandeira de Tui
    A Comisión Informativa de Comisións e Honras do Concello de Tui tratará esta tarde a proposta de bandeira oficial de Tui conformada por tres franxas azuis sobre fondo branco co escudo no centro. Así o avanzaba na nosa sintonía o tenente alcalde de Tui, Miguel Capón Rey. Tamén fixo valoración da presenza da Eurocidade na Feira Internacional de Turismo de Lisboa, e referiuse ao acto previsto para este sábado na Ponte Internacional
    15 min
  • Desfile Infantil Solidario este sábado no Liceo Casino de Tui
    O Liceo Casino de Tui acole este sábado ás 20.30h primeiro Desfile Solidario Infantil a favor de ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A recadación irá destinada a manter os programas e actividades de apoio social que realiza a asociación. Corenta nenos e nenas converteranse en modelos por un día lucindo as creacións da marca Mayoral. Colaboran o Conservatorio Municipal e a Escola de Danza Paula Cobián.
    Deste evento falamos hoxe con Eugenia Amoedo, de ASANOG , Eva Iglesias, presidenta do Liceo Casino, María Penedo da tenda infantil Divos, e Paula Cobián da Escola de Danza Paula Cobián.
    15 min
  • O Espazo Xove acollerá cursos de Contacontos, Power Point e artesanía
    O 31 de marzo e o 1 de abril celebrarase no Espazo Xove de Tui un curso de formación de Contacontos. Está xa confirmada a súa celebración pero aínda quedan prazas vacantes. Así o explicaba a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.
    Por outra parte o Espazo Xove, dando resposta ás demandas dos usuarios, organiza un curso de Microsoft Power Point. Terá lugar os mércores 30 de marzo ao 13 de abril.
    Tamén se oferta un obradoiro de artesanía que terá lugar o venres 18 de marzo. Neste caso hai que aboar 6,50€ correspondente ao material do curso.
    Toda esta información pódese ampliar no Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz ou no teléfono 886 110 797.
    5 min
  • Ent. a Yolanda Villaverde, responsable do Centro de Información á Muller- Día Internacional da Muller
    O Centro de Información á Muller do Concello da Guarda, co gallo do día Internacional da Muller, levará a cabo a representación teatral da obra “As do Peixe”, que terá lugar no Centro Cultural o día 11 de marzo ás 20,30 horas. Este espectáculo conta a vida de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas. A responsable do Centro de Información á Muller, Yolanda Villaverde, así nolo contaba.
    4 min
  • Ent. a Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Turismo- Día da muller e BTL de Lisboa
    O Concello de Tui vén de emitir unha declaración institucional na que amosa o seu “total compromiso e apoio nas súas políticas á defensa da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres”. O concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, incidiu que hai que ter en conta e valorar a igualdade de xénero todos os días do ano.
    Por outra banda, o concelleiro de Turismo valorou moi positivamente a presenza de Tui na Feira de Turismo de Lisboa, xa que se achegaron centos de persoas ao stand da Eurocidade na fin de semana pasada.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…