Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Presentación Programa Cultural Amizade Cerveira-Tomiño 2016
    O Forum Cultural de Cerveira acolleu este mediodía a presentación do Programa Cultural Amizade Cerveira-Tomiño 2016. por parte do presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e da alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, xunto as concelleiras de Cultura dos dous municipios. A alcaldesa de Tomiño explicaba que a novidade vén na presentación dunha programación común, con actividades que xa se viñan celebrando e outras que se incorporan. O obxectivo é seguir estreitando lazoS.
    Unha das novas actividades é o programa “Deporte para todos” que xurdiu das Olimpíadas Interxeneracionais celebradas o pasado verán. Tamén están a traballar nunha iniciativa artística para os cascos urbanos das dúas vilas. Non faltarán citas coma a Taça Ibérica de Trail, o Simposio de Escultura ou o Bienal de Cerveira.
    11 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Feira de Artesanía
    Este venres remata o prazo de inscrición para a XX Feira de Artesanía que se vai celebrar en Tui o 30 de abril e o 1 de maio organizada este ano pola concellería de Turismo. O seu titular, Laureano Alonso, explicou que para participar nesta ocasión non é preciso ter a carta de artesán. Amais queren celebrar tamén un Mercado de Labradores, polo que convidan á poboación a participar no mesmo. Laureano Alonso aproveitou amais para facer balance do Festival do Meixón e da Feira dos Cabalos celebrados durante as festas de San Telmo.
    19 min
  • Sección semanal Espazo Xove - Martes 19 de abril
    Dúas actividades son as que propoñen o Espazo Xove de Tui para os meses de maio e xuño. Por unha banda o 27 de maio de 17 a 20h impartirán un Curso de iniciación ao cultivo de cogomelos. E o 3 de xuño de 17 a 20h un Obradoiro de elaboración de cócteles sen alcol para mocidade de 12 e 30 anos. A inscrición está xa aberta para as dúas actividades na rúa Sanz, no teléfono 886 11 07 97 ou no correo [email protected]. Destas cuestións daba conta hoxe a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.
    5 min
  • Ent. Diego Marckwalder e Alan Yeoman - Gravación en Tui da curtametraxe 'Bulldog'
    Este mércores comeza no IES San Paio a gravación da curtametraxe “Bulldog” por parte de alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo. O seu director e guionista, Diego Marckwalder, e o seu produtor Alan Yeoman, explicaron que se desprazarán a Tui un equipo de dez persoas que gravarán na cidade mércores e xoves, e o hai un terceiro día de rodaxe xa no Marcote en Vigo.
    7 min
  • Ent.Levada Libre - Actos de confraternización republicana
    Cun amplo programa mañá sábado, 16 de abril, Levada Libre, organiza un acto de confraternización republicana na Alameda de Santo Domingo, ou se chove na Aula da UNED. Dos mesmo faláronnos Manuel Fernández, Manuel Vázquez e Javier Vázquez. Amais conversamos con María Torres, Carmen Penín e María del Carmen Lores que intervirán neste evento.
    18 min
  • Ent. Harrod Blank, fillo de Les Blank - Play Doc
    Les Blank é unha das figuras a quen este ano Play Doc dedica un ciclo coa proxección de catro dos seus documentais ligados todos eles á música. O seu fillo Harrod está en Tui participando no festival para presentar a obra do seu pai. Hoxe acompañounos no programa Día a Día.
    16 min
  • Ent. Manuel Fernández e Manuel Vázquez e Levada Libre e José A. Uris - Actos de confraternización republicana
    Levada Libre organiza para este sábado, 16 de abril, en Tui os actos de confraternización republicana. Comezarán ás 12.30h diante do monumento aos represaliados na Alameda de Santo ou en caso de choiva no salón de actos da Aula da UNED no antigo Convento de Santo Domingo. Manuel Fernández e Manuel Vázquez de la Cruz, membros de Levada Libre, xunto a José Antonio Uris e José Mª Álvarez Cáccamo, colaboradores, déronnos conta do programa previsto.
    21 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…