Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Manuel Conde - “Máximo desenvolvemento en intelixencia emocional e liderado”
    Este venres comeza na Aula da UNED de Tui o curso “Máximo desenvolvemento en intelixencia emocional e liderado” impartida polo tudense Manuel Conde, editor, coach e adestrador de Fútbol, con el falamos esta mañá en Día a Día.
    As clases serán os venres de 17 a 20h ata o 3 de xuño cun total de 15 horas lectivas. O prezo da matrícula é de 38 euros e inclúe o libro "Las recetas emocionales de mi hermana" de Manuel Conde.
    13 min
  • Ent. Fina Pereira, monitora Ocupacional de Vontade - I Festival de Vontade
    O Auditorio de Goián acolle mañá sábado ás 20h o I Festival de Vontade coa actuación de The Charrans, Xerock, Playback, grupo de Zumba e Baile Moderno a cargo de Espazo en Forma, Mónologo, Sorteo. A entrada custa 3€ para financiar a viaxe de fin de curso dos usuarios de Vontade. Do mesmo falounos Fina Pereira, monitora ocupacional de Vontade.
    5 min
  • Ent. Alberto González do Silabario - Novo proxecto na Coruña e cambios en Tui
    O deste domingo será o último pase do Restaurante Silabario - Estrella Michelín - en Tui. O seu chef Alberto González afronta un novo proxecto na Coruña onde ampliará nun novo restaurante o número de comensais e apostará por facer unha oferta para todo tipo de público baixando tamén os prezos pero mantendo a aposta por unha cociña comprometida. En Tui chegan cambios coa segunda marca do Silabario, La Pizarra, que acomenterán nos próximos meses porque a marca "Silabario" será estando presente na cidade. Así o explicaba o propio Alberto González.
    11 min
  • Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Maias e Sabores de Aldeia
    Gastronomía e tradicións danse cita esta fin de semana en Valença cos Sabores de Aldeia e as maias. Así nolo contou o vereador de Cultura, José Monte. Explicou que toda a Fortaleza será decorada con maias, e elaboraron a maior maia de Portugal. Amais as 16 freguesías valencianas presentan os seus mellores pratos en Sabores de Aldeia. Non faltará a animación musical.
    10 min
  • Ent. Pilar Blázquez Ballesteros - Charla “Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo”
    Pilar Blázquez Ballesteros do Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica “Os Bambáns” impartirá ás seis desta tarde na Sala Félix Rodríguez a charla “Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo”. Esta mañá fixo un pequeno adianto na nosa sintonía.
    Esta actividade forma parte das xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.
    5 min
  • Ent. Julio Araujo Alfaya e José Quinteiro - II Xuntanza Moteira Benéfica Virxe do Camiño
    Este sábado, 30 de abril, celébrase a II Xuntanza Benéfica Virxe do Camiño en Rebordáns organizada pola Comisión de Festas coa colaboración do motoclub Os de Sempre, o Banco de Tapóns do Baixo Miño e SOS Tomiño-Baixo Miño. Julio Araujo Alfaya, responsable da organización, e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño-Baixo Miño, déronnos todos os detalles desta actividade na que haberá rutas en motas, xogos, concertos, gastronomía, e tamén recollida de tapóns, alimentos e roupa.
    14 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Record de publico de Play-Doc
    Play-Doc bateu record de público na edición deste ano con 8.232 espectadores, son 700 máis que en 2015. Esta é a mellor cifra de público da súa historia. A este público hai que sumar os espectadores que están a descubrir Play-Doc no resto da xeografía española a través da xira do ciclo de Charles Burnett. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, amosaba a súa satisfacción por estas cifras pero tamén pola repercusión lograda nesta edición.
    6 min
  • Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho da Fortaleza
    Este domingo, 1 de maio, sae dende as Portas do Sol, na Fortaleza de Valença o Trilho da Fortaleza que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Terá unha distancia de 6 quilómetros e dificultade baixa. Marina Carvalho, de Celtas do Minho, deunos conta das características desta andaina.
    A inscricións - que inclúe degustación gastronómica- pódese facer en [email protected], ou no móbiles 00351.934.440.770 e 607.785.601. O prezo é de 5€ por persoa e 3€ para menores de 12 anos.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…