Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio - Peonalización, pepcha, e outros
    O próximo mes de agosto poderíase implementar de forma paulatina a peonalización do conxunto histórico de Tui unha vez se complete a revisión dos de 200 expedientes administrativos dos cidadáns que solicitaron o acceso ao conxunto histórico. Así o explicaba na nosa sintonía a concelleira de Patrimonio do Concello de Tui, Carmen Núñez.
    Por outra parte con respecto ao conxunto histórico en agosto celebrarase unha reunión final entre o equipo redactor do PEPCHA e técnicos de Patrimonio, previa a aprobación provisional do documento en pleno.
    Carmen Núñez deunos conta tamén doutros proxectos nos que se está a traballar dende o seu departamento.
    10 min
  • Ent. Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio da Guarda - Centro de Interpretación das Fortalezas
    O sistema transfronteirizo defensivo do Miño é recollido no Centro de Interpretación que onte abriu as súas portas no Castelo da Santa Cruz da Guarda. Paneis informativos e audiovisuais achéganos á información do que foi o sistema de fortalezas unha e outra beira do Miño. Así nolo explicou o concelleiro de Patrimonio da Guarda, Javier Crespo, quen tamén nos deu conta das visitas guiadas ao Monte Santa Trega que se realizan este verán.
    7 min
  • Ent. Suso Vila, historiador | Visitas guiadas de balde en Tui
    As visitas guiadas e de balde no casco histórico de Tui que comezaron o pasado mes de xuño continúan a desenvolverse con gran éxito de acollida, tanto entre os turistas como entre os propios tudenses, que buscan coñecer a historia da súa cidade, segundo apuntaba esta mañá o historiador a cargo das visitas, Suso Vila.
    11 min
  • Ent. Joe Arlauckas, Sindo Bargiela e Luci Pascua - Campus Joe Arlauckas
    Tras unha intensa semana de actividades e adestramentos mañá remata, con balance positivo, o cuarto Campus Joe Arlauckas de baloncesto. O seu director, Joe Arlauckas, e Sindo Bargiela valoraron hoxe esta edición no programa Día a Día. Estiveron acompañados por Luci Pascua, que comparte experencias cos 70 participantes no Campus, días antes de viaxar a Río para participar nos Xogos Olímpicos coa Selección Española
    13 min
  • Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Andaina Nocturna
    O sábado 16 de xullo ás 22h sairá da igrexa matriz de Fontoura en Valença a andaina nocturna polo Trilho do Monte Carvalho que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença. Serán 10 quilómetros de percorrido e hai que levar lanterna. O prezo é de 5€ para adultos e 3€ para menores de 12. A inscrición pode facerse en [email protected] ou en [email protected] ata o mércores día 13. Marina Carvalho de Celtas do Minho explicou cóma será o percorrido.
    5 min
  • Ent. Pablo Álvarez, pte ACOR - Paquete Turístico coincidindo coa Feira do Viño
    A Asociación de Comerciantes do Rosal, ACOR, oferta coincidindo coa XXIV Feira do Viño do Rosal un paquete turístico que inclúe 2 noites de aloxamento, ruta guiada aos muíños do Folón e do Picón, a unha adega, xantar e a visita a propia Feira do Viño. O prezo é de 132€/persoa, e gratis os menores de 11 anos. Contounolo o presidente de ACOR, Pablo Álvarez.
    5 min
  • Ent. Mariña Rivas, xerente de relacións externas de Mercadona en Galicia - Apertura Mercadona en Tui
    Ás 9h desta mañá abriu as súas portas en Areas, Tui, unha nova superficie comercial, un Mercadona, que conta con 1.700 metros cadrados de sala de ventas e 202 prazas de aparcamento. No mesmo investíronse 2,6 millóns de Euros. Neste novo supermercado traballan 35 persoas, das que 30 teñen contrato fixo. Trátase da tenda número 54 en Galicia de Mercadona como explicaba Mariña Rivas, xerente de relacións externas de Mercadona en Galicia. O seu horario será de luns a sábado de 9 a 21.30h.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…