Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Olmo Amoedo - Educador ambiental no Monte Aloia
    En Tui, temos o orgullo de contar co primeiro parque natural creado en Galicia e exemplo de boa xestión e conservación. O Aloia foi xa en 1935 declarado sitio de interese natural e Parque Natural en decembro de 1978, soamente hai seis mais en toda Galicia. O Aloia non da as costas a Tui e aos seus habitantes, senón que foi berce dos propios asentamentos humanos. Conta xa con asentamentos paleolíticos e megalíticos amais da citania castrexa do Alto dos Cubos ou os petróglifos da Macoca.
    10 min
  • Ent. Xosé Vilar |Roteiro aos petróglifos de Portaxes e Real Seco en Tomiño
    Hoxe, dentro do programa “Tomiño único” que se puxo en marcha fai un mes cun alto nivel de participación, poderanse visitar os petroglifos de Portaxes e Real Seco. Será a segunda parte das Noites do Monte Tetón. A saída está prevista ás 20.30 horas dende a Casa da Cultura. Guiará a ruta o investigador Xosé Lois Vilar, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.
    9 min
  • Ent. Uxio Otero Urtaza |Diálogos de Educación na Guarda
    Tras o parón dos pasados días por mor das Festas do Monte, esta semana volven as charlas de “Diálogos en Educación” ao concello da Guarda. O sexto dos faladoiros celebrarase mañá, ás 20 horas, no patio do colexio dos Xesuítas en Camposancos.
    O Catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Uxio Otero Urtaza, falará de “Experiencias de vida, educación e vocación docente”, desde a perspectiva histórica da Institución Libre de Enseñanza a través das figuras de Francisco Giner, Manuel Bartolomé Cossío e Rafael Dieste.
    13 min
  • Ent. Nave Tierra
    Hoxe contamos con música en directo no programa da man do grupo musical Nave Tierra que estes días actúa pola zona
    15 min
  • Manuel Pedrares do Kaiak Tudense - Festa do Miño
    Mañá o programa da Festa do Miño comezará ás 12h na ribeira de Caldelas coa V Romaría Popular. Dende ás 11h haberá autobuses dende a antiga alfándega para os participantes coma explicou Manuel Pedrares da organización do Kaiak Tudense. Dende aí ás 16h sairá o Descenso Popular. Ás 18.30h será a quenda do Descenso Internacional do Miño dende Salvaterra, a carón da ponte internacional no que participarán 45 clubs. A saída dende terra, con 543 padeeiros e 369 embarcacións tanto de canoa coma de kaiak individuais e dobre, será todo un espectáculo deportivo. Afrontarán os 16 quilómetros que hai ata Tui.
    7 min
  • Ent. José Monte - vereador de Valença - Festas Valença
    Esta fin de semana Valença tamén celebra as suas festas que comezaron onte chegarán até o vindeiro luns día 15. O concello de Valença busca con estas festas mesturar os actos relixiosos a Nosa Señora do Faro cos laicos para ofrecer unha ampla oferta para tódolos gustos segundo indicou o vereador de Cultura de Valença, José Montes.
    13 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festas do Monte
    A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte, recoñecidas de Interese Turístico Galego. Dende o Concello da Guarda, tal e coma avanzaba o alcalde, Antonio Lomba, traballarán para lograr tamén a declaración a nivel nacional. O rexedor guardés convidou a achegarse esta fin de semana á Guarda.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…