Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Veciños de Riomuiños - Cambios en Bispo Salvado
    Se onte escoitabamos a valoración do concelleiro de Seguridade do concello de Tui, Ramón Magán, co gallo da reunión que mantivera cos veciños de Riomuiños tralo cambio de sentido na circulación na rúa Bispo Salvado, hoxe recollemos as valoracións precisamente dalgúns dos veciños do barrio.
    16 min
  • Mañá mércores celébrase a Feira Cabalar de San Bartolomeu
    Mañá mércores San Bartolomé celebra a súa tradicional feira cabalar. Unha feira que en palabras dun dos seus organizadores, Marcos González, é unha das maiores de toda Galicia e a que máis cabalos de montura suma. Esta edición contará como novidade cunha zona onde os cabalos se poden exhibir e unha zona segura onde os asistentes poden contemplar todo sen correr ningún risco segundo explicaba González.
    14 min
  • Ent. José M. Caballero - Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos
    O vindeiro venres 2 de setembro a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos viaxará a Asturias para participar no XI Festival Internacional da Gaita de Villaviciosa. Un festival de renome internacional que incluirá máis de 20 actuacións musicais ademais de mercados tradicionais e demostracións de “luthiers”.
    A banda tudense será a única representante de Galicia acompañada doutro oito bandas asturianas e unha banda leonesa. Será na noite do sábado día 3.
    4 min
  • Ent. José Martínez Tato - Concurso de pintado das pontes de entrada a Tui
    O Concello de Tui vén de por en marcha un concurso de pintado das tres pontes das estradas que veñen de Vigo, Gondomar e A Guarda. Con esta iniciativa búscase mellorar a imaxe da entrada á cidade á vez que se promocionan elementos naturais e arquitectónicos de Tui. O concurso está aberto a tódolos residentes en España e pódese participar de forma individual ou en grupos cun máximo de catro compoñentes. Os deseños deben facer referencia ao río Miño, ao Monte Aloia ou ao núcleo histórico tudense.
    9 min
  • Ent. Mino Álvarez | Semana Cultural de Estás
    Onte arrancou a decimo oitava semana cultural de Estás que até o venres levará diferentes actividades de ocio e cultura ao Centro Social da parroquia tomiñesa. Unha semana que combina teatro, música e literatura. Danos conta de todas as actividades Mino Álvarez.
    6 min
  • Ent. José Carlos Balea |Banco de Tapóns do Baixo Miño
    O Banco de Tapóns do Baixo Miño tras uns meses de renovación e inestabilidade conta xa cunha nova directiva que poña en marcha as iniciativas solidarias que ven protagonizando esta entidade. Nos últimos meses produciuse a dimisión de dúas xuntas directivas até a chegada da liderada por José Carlos Balea, o novo presidente do Banco de Tapóns do Baixo Miño.
    10 min
  • Ent. Adolfo Besada | XXV Festival de Banda de Tui
    Este sábado, 20 de agosto, o Festival de Bandas de Música celebra o seu XXV aniversario. A cita será as 22:00 horas na Praza de San Fernando onde a Banda de Música Popular de Tui será a anfitrioa deste concerto que, nesta edición, conta coa presenza da Banda de Música de Catoira. Un festival que nesta edición combina música máis clásica con outra de corte máis moderno segundo explicaba o director da Banda de Música Popular de Tui, Adolfo Besada.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…