Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Arturo Rodríguez "Indomable"
    A Asociación Cultural Betún, no conxunto hº de Tui, acolle mañá sábado ás 22.30h un concerto de Arturo Rodríguez “Indomable” presentanado o seu primeiro disco chamado "Incondicional e imperfecto". A entrada é de balde.
    4 min
  • Ent. Juan Carlos Coello e Manuel Rodríguez, pte e vicepte - Presentación do CF Guillarei
    Mañá sábado, 3 de setembro, ás 17.30h no campo da Gándara en Guillarei terá lugar a presentación do CF Guillarei para a temporada 20016/2017. Media hora despois xogarase o encontro CF Guillarei - Tebra CF. O Club de Fútbol Guillarei volverá á competición esta temporada 2016/17 tras tres anos de ausencia de actividade. A nova directiva está encabezada por Juan Carlos Coello coma presidente é o seu vicepresidente é Manuel Rodríguez. O equipo militará na 3ª Rexional.
    11 min
  • Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Festa dos Callos
    Salceda de Caselas celebra este domingo a súa Festa dos Callos na que a ración - 20 mil son as que se porán á venda - terá un prezo de 8€. O programa previo comeza mañá sábado con distintas actividades. O alcalde de Salceda explicaba que con esta festa se busca tamén pór en valor o sector agroalimentario.
    9 min
  • Ent. Paula García | Survival Zombie
    Sabemos que esta fin de semana Tui viaxará 1000 anos ao pasado, pero ademais, na noite do sábado os zombies do Medievo invadirán a cidade. Dende as 23:00 da noite até as 8 da mañá o Survival Zombie especial medieval traerá aos mortos viventes nunha actividade que se enmarca no Festival Arraianos. Unha xincana que combina medo e diversión á luz da lúa como nos explicaba a directora do evento, Paula García.
    8 min
  • Ent. Ángel Fdez, Alba Mtnez e Vanesa Rguez - Semana Cultural Xuntanza
    Deportes, gastronomía, música, teatro… son parte das propostas da Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Xuntanza que comezou o pasado domingo e se prolongará ata o próximo martes día 6. Da mesma faláronnos hoxe o presidente de Xuntanza, Ángel Fernández Alfaya, xunto a Alba Martínez, tesoureira, e Vanesa Rodríguez, vocal.
    A semana comezou o pasado domingo coa celebración da trixésima edición da Carreira Popular na que participaron preto de 300 persoas. A actividade retómase mañá coa Festa Gastronómica, na que coma novidade haberá comida vegana.
    12 min
  • Ent. Juanjo España - 6ª Travesía a Nado
    Este sábado a sexta travesía a nado contará con dúas probas, unha popular e outra para federados. A primeira dela percorrerá namentres que a segunda serán 2.000. Danos conta das dúas probas o organizador esta travesía a nado, Juanjo España.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…