A Guarda celebrará na primeira fin de semana de xullo a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicou que xa o ano pasado, e neste 2016 de novo mellorouse o programa para que esta sexa unha festa con maiúscula,.
O menú que se propón é amplo, non só lagosta senón tamén outros produtos a prezos para todos os petos.
Co alcalde guardés tamén falamos doutros temas de actualidade da vila guardesa.