Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Especial Eleccións Galegas - Yolanda Rguez, candidata do Baixo Miño do PSdG-PSOE
    Proseguindo coa rolda de conversas cos candidatos da comarca ás eleccións galegas deste domingo hoxe acompañounos Yolanda Rodríguez, que representa ao Baixo Miño na lista do PSdG-PSOE. Coma principais problemas da comarca sinalaba os derivados da reforma da Lei das Administracións Locais. Fixaba amais coma prioritario a mellora da comunicación por estrada centrada na VAP Tui-A Guarda.
    15 min
  • Ent. Manuel Fernández e a María José Fernández | As Penizas Folk
    Este venres e sábado chega o V Festival As Penizas Folk. O festival comeza ás 20:00 horas coa apertura da mostra de artesanía con 15 artesáns. Como novidade, unha hora máis tarde varios grupos musicais ofrecerán un repertorio de hora e media. A xornada finalizará coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma co seu espectáculo. Danos conta da programación Manuel Fernández.
    7 min
  • Especial Eleccións Galegas - Xosé Manuel Méndez, candidato do BNG
    Este domingo, 25 de setembro, celébranse eleccións ao parlamento de Galicia. Abrimos rolda de conversas cos candidatos da comarca. Xosé Manuel Méndez, do BNG, explicou que hai catro puntos fundamentais para a comarca: unha ambulancia medicalizada para a comarca, solucionar que os médicos teñan que marchar coas urxencias e construír o colector xeral de Tomiño e rematar o vial Tui-A Guarda, cando menos o enlace ao parque empresarial de Areas. Tamén reivindican o transpaso de competencias do río Miño á adminitración galega.
    15 min
  • Ent. Abel Vila e Juan Carlos Blanco|Desfile de moda Acitui
    Tras ser adiado en varias ocasións, finalmente o desfile de moda organizado por ACITUI celebrarase este sábado a partir das 22:00 horas. Será na sala de exposicións do edifico da Área Panorámica. Un desfile no que participan 19 casas comerciais de Tui e no que ademais haberá actuacións musicais en directo.
    12 min
  • Ent. José Martínez Tato e Marina Carvalho |Andainas Saudables
    Aínda está aberto o prazo de inscrición para a andaina polo Camiño Portugués de Paredes de Coura a Tui. Organizada pola Eurocidade, Andatui e Celtas do Minho, dívidese en duas xornadas, este sábado e domingo. A primeira xornada sairá da Piscina de Valença ás 9 hora española e rematará en torno á unha do mediodía. Escoitamos a José Martínez Tato e Marina Carvalho.
    11 min
  • Ent. Juan Carlos Rodríguez, pte AFAGA - Día Mundial do Alzheimer
    Mañá, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer que AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzhéimer de Galicia, celebra baixo o lema "Marcándolle o paso ao Alzhéimer". O presidente deste colectivo Juan Carlos Rodríguez, explicou cales son as reivindicación que plantexan nesta data, pero tamén deu conta das actividades que desenvolven na antiga Escola de Chans con estimulación para enfermos, e porán en marcha un curso para os coidadores.
    9 min
  • Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Emprego - Restricción da Xunta en Políticas de Emprego e formación
    A denegación de accións en materia de formación e emprego por parte da Xunta de Galicia ou a falta dunha contestación as solicitudes, o que impediría a súa execución no prazo marcado, é valorada negativamente polo concelleiro de Persoal do Concello de Tui, José Ramón Magán. Cita coma exemplos a denegación da subvención para a contratación dun Orientador Laboral, a denegación do Plan Intergral de Emprego, dun Obradoiro de Emprego, ou a falla de resolución sobre cursos de formación.
    20 min
  • Tui e Soto del Barco (Asturias) buscan a irmandade
    A Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui e a Asociación Garabuxada van solicitar aos concellos de Tui e Soto del Barco a irmandade oficial de ámbalas dúas localidades que, segundo explicaba o secretario de Garabuxada, Fernando González, ambos os dous concellos comparten lazos relixiosos ao ser o patrón San Telmo e tamén gastronómicos.
    12 min
  • Ent. Víctor Coyote, Fofi Dorado e Alejandro Lorenzo - Música e gastronomía na praza de Fromista
    A praza de Fromista, no conxunto histórico de Tui, acolle mañá ás 22h a Víctor Coyote en concerto. O evento está organizado pola Asociación Cultural Betún coa colaboración da concellería de cultura de Tui e Estrella Galicia. A entrada é de balde.
    Víctor Coyote estará acompañado de Ricardo Moreno, no que interpretarán sobre todo os temas do último disco De Pueblo e de Río.
    Xa dende ás 20.30h haberá música e gastronomía coma hoxe nos contaron Fofi Dorario e Alejandro Lorenzo, quen sinalaron que agardan que os veciños da zona vella acudan tamén
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…