Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Montse Mon e Clara de Macedo | Xornada Tea e Odontoloxía en Tui
    A Asociación Un Máis organiza para este sábado en Tui unha xornada baixo o título “Tea e odontoloxía” que dentro do proxecto Dentista Mais pretende que as persoas con TEA, o Trastorno do Espectro Autista, poidan acudir ao dentista dun xeito que non sexa traumático e que non implique ter que desprazarse a Santiago de Compostela, onde se atopan os profesionais especializados neste trastorno segundo apuntaban Montse Mon, presidenta de Un Máis, e Clara de Macedo, tesoreira.
    13 min
  • Ent. Nuria Feijoo, Alba Paramos e Hugo García - Flash Mob do CEIP Nº1
    O CEIP nº1 de Tui organiza un Flashmob solidario baixo o lema A TODA LECHE!" para este venres 7 de outubro ás 11h no Paseo da Corredoira no que convidan a participar a maiores e pequenos levando 1 litro de leite. Precisamente o obxectivo desta iniciativa é recadar litros de leito en beneficio da Asociación SOS Tomiño. Contáronolo Nuria Feijoo, profesora, e Alba Paramos e Hugo García, alumnos do centro.
    11 min
  • Ent. Pablo García, pte. Club Tenis Tui - Torneo de Tenis da Eurocidade
    As tres pistas de tenis de Areas en Tui acollerá unha intensa mañá de tenis este domingo, de 9.30h a 14h, coas finais do III Torneo de Tenis da Eurocidade que comezou o pasado día 15 cun éxito de participación e con moito nivel. Pablo García, presidente do Club Tenis Tui valorou hoxe esta nova edición deste evento deportivo, e convidou a achegarse as semifinais de mañá e ás finais do domingo.
    8 min
  • Ent. Rafael González |Unión Ibérica entre España e Portugal
    Hoxe, a plataforma pola Federación Ibérica vén de realizar o seu primeiro encontro público en Barcelona. Composta por portugueses e españois busca propor ós axentes políticos e sociais a posta en marcha dos mecanismos, democráticos e dentro da legalidade de ambos países, necesarios para realizar a Unión Federal de España e Portugal nun so país, de nome Iberia.
    11 min
  • Ent. Felix Ruibal, xerente da EOIX de Vigo - Apertura do novo centro de saúde de Tui
    Este venres ás 15h porase en marcha o novo centro de saúde de Tui. O primeiro servizo que se trasladará ao novo edificio é o Punto de Atención Continuada, o PAC, de tal xeito que os veciños de Tui e Tomiño que precisen acudir ao servizo de urxencias extrahospitalarias deberán xa achegarse á rúa Casal Aboy. De forma gradual abrirán primeiro as consultas de tarde e logo as de mañá. Así nolo contou o xerente da EOIX de Vigo, Félix Ruibal.
    8 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Valoración Plan Director Turismo e outros
    O concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, valorou positivamente o Plan Director de Turismo presentado onte pola Deputación de Pontevedra porque se unifica traballo turístico e se da visión global da provincia. Agora toca reunirse os concellos coa Deputación para encamiñar ese traballo. Laureano Alonso deu conta amais do traballo que se realiza en Tui coma os contactos cos consignatarios para traer cruceiristas a cidades, ou a necesidade de mellorar a sinalización e acondicionamento do Camiño Portugués. Lembrou as visitas guiadas que se realizan ao conxunto histórico, convidando a participar nas mesmas aos centros educativos.
    16 min
  • Ent. Manuel Gómez Estévez, mestre composteiro - Reunión Plan Revitaliza
    Hoxe ás 21h na escola de Ponte Internacional nas Bornetas celebrarase unha reunión informativa sobre os centros de compostaxe comunitaria dentro do plan Revitaliza da Deputación ao que se suma o Concello de Tui.
    Manuel Gómez Estévez, mestre composteiro, informará aos veciños do funcionamento deste plan de composteiros comunitarios ante a súa próxima implantación en Tui.
    12 min
  • Ent. Serafín Martínez |15K do Atlántico e Desafío Santa Trega
    O 15-K do Atlántico presentou onte a súa programación oficial para a edición deste ano que inclúe como novidade o Desafío Santa Trega que enfrontará ao ciclista Álvaro Pino con 300 atletas no dia anterior a carreira.
    Xa o domingo, celebrarase a tradicional carreira e a andaina do 15-K que sae dende Oia e remata na Guarda. O prazo de inscrición remata mañá e ten un custe de 15€ para a carreira e 4 para a andaina.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…