Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Laura Villaverde |Curso "Crea coas artes escénicas"
    Aínda quedan prazas dispoñibles para o curso de “Crea coas artes escénicas” que imparte o Espazo Xove de Tui. Comezará o vindeiro luns 24 de outubro e impartirase tódolos luns de 18:30 a 20:00 durante 13 sesións, até o 30 de xaneiro. Está destinado para mozos de entre 14 a 35 anos e como explica a actriz a cargo do mesmo, Laura Villaverde, non é un curso de teatro ao uso.
    9 min
  • Ent. Rubén López, director Conservatorio - Inicio do curso
    Hai xa unhas semanas que comezou o novo curso 2016/17 no Conservatorio Profesional de Música de Tui no que se incrementou o número de alumnos no grao profesional. Amais continúan a traballar para o próximo curso poder ofercer tamén o grao elemental no Conservatorio. Por outra banda deu conta do concerto inauguración do curso previsto para este xoves ás 20h no centro.
    9 min
  • Ent. Aloia Martínez - Mistura Vocal
    O coro Mistura Vocal ofrecerá este domingo ás 19.30 na Igrexa de San Domingos en Tui un concerto organizado pola asociación cultural Trisquel e Medulio, contando coa colaboración do Concello de Tui - concellalía de Cultura, Amigos da Catedral, Adegas Val Miñor e Escola de Música e Danza Maison.
    6 min
  • Ent. Iago Fernández - Presentación do seu novo traballo no Betún
    Como cada domingo o jazz volve ao Betún no último día da semana a partir das 20:30 horas para pechar a fin de semana coa mellor selección de artistas deste xénero musical. Este domingo será o cangués Iago Fernández quen presente o seu novo traballo “Brisa”. Un disco que a diferenza dos dous anteriores, caracterizase polo seu minimalismo.
    9 min
  • Ent. Juan Collazo de Odaiko - Espectáculo Invención
    Un espectáculo para público familiar é o que poderemos disfrutar mañá venres, 14 de outubro, no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 20h con Odaiko e a obra "Invención". Música para repasar os inventos da humanidade con Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso. O público terá tamén moito protagonismo. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata mañá venres ás 12h ou mañá venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
    6 min
  • Ent. Paula Guerreiro, técnica de Servizos Sociais - Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres
    Dar resposta ás necesidades das mulleres e dos menores residentes en Tui é o obxectivo do Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres (S.A.M.MM) que volve atender os martes de 16:00 a 20:00 horas no Concello de Tui. Paula Guerreiro, técnica de servizos sociais, así o explicou.indicando que tratan a mulleres ante casos de: violencia de xénero, violencia no fogar, inadaptación de menores fronte a casos de separación e fracaso escolar a causa de conflitos na familia.
    Este é o terceiro ano en que se pon en marcha este servizo tras detectar a necesidade do mesmo. O ano pasado atenderon a 22 menores.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…