Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Cristina Rey | Unha salcedense nos campos de refuxiados sirios en Grecia
    Hoxe falamos con Cristina Rey. Ela, xunto con Sandra Alonso, Diana Gonçalves e Natalia Vaamonde, viaxou até o campo de refuxiados sirios de Ritsona, en Grecia, para colaborar na mellora das condicións das persoas que alí se atopan fuxindo da guerra do seu país.Durante os oito días que alí estiveron o mais duro foi o choque coa realidade, que non por coñecida deixa de ser menos terrible.
    13 min
  • Ent. José Javier Bascoy | 30 Aniversario da Banda de Música do Rosal
    Concerto especial será o que acolla este domingo ás 18.30h o Auditorio Municipal do Rosal xa que a banda local celebra o seu trinta aniversario.
    Baixo a dirección de José Javier Bascoy interpretarán un programa con obras de diversos estilos dos compositores Luis Serrano Alarcón, Shostakovich, José Serrano, Teo Aparicio Barberán e Gershwin. Amais dos músicos actuais da banda tamén participarán excompoñentes da agrupación.
    5 min
  • Ent. Antonio Cordo | Confraría de San Telmo
    Nos últimos días tivo unha reunión de Confrarías de San Telmo no Porto, onde estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de Fromista, o presidente da Asamblea do Porto, os bispos de Tui e Porto e as confrarías de San Telmo de Tui, Palencia, Fromista e Bos Aires. Entre os obxectivos que se buscaban con este encontro eran o de estudar a posibilidade de crear unha confraría maior xuntando as xa existentes ou polo menos, lograr unha maior unidade segundo nos contou esta maña, o secretario da Confraría de San Telmo en Tui, Antonio Cordo.
    12 min
  • Ent. Juan Martínez e Carlos Fonterosa - Exposición Tui e a Brilat, 50 Aniversario
    Mañá ás 11h será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal a mostra Milataria 2. Tui e a Brilat, 50 Aniversario. A organización corresponde ao Concello deTui coa colaboración do Grupo Filatélico e Numismático Tudense e da Cámara Municipal de Valença. Coa mesma trátase de homenaxear a Brilat co gallo do seu 50 aniversario, tal e coma explicaba Carlos Pérez Fonterosa, do grupo filatélico tudense, mentres que Juan Martínez explicaba qué poderemos ver nesta mostra.
    10 min
  • Ent. Samuel Diz - Concerto conmemorativo da viaxe de Lorca a Galicia
    O músico tudense Samuel Diz participará no concertó que este xoves se celebra en Santiago de Compostela coincidindo co centenario da primeira viaxe de Federico Galicia Lorca a nosa terra.
    Samuel Diz presentará o seu traballo discográfico “impresións e paisaxes: como o primeiro libro de Lorca” en diálogo cun dos maiores coñecedores da vida e obra do poeta, o recoñecido hispanista Ian Gibson.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…