Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Gustavo Rodríguez, triatleta - Temporada 2016
    O triatleta tudense Gustavo Rodríguez proclamouse este ano Campión de España de Longa Distancia pechado así unha magnífica Temporada. Hoxe conversamos con el no programa Día a Día onde nos explico como tras deixar de ser ciclista profesional chegou ao triatlón da man da súa parella Aida Valiño. Agora está a recoller todo o traballo feito no mundo do ciclismo. O obxectivo a medio prazo é estar no Campionato do Mundo de 2019 en Pontevedra.
    13 min
  • Ent. Ángel Sánchez | Concerto Best Boy en Tui
    Os tudenses Best Boy, liderados por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, actuarán este venres no Teatro Municipal de Tui. Un concerto que comezará ás 21:30 horas e que, nas palabras de Ángel Sánchez busca compartir en familia, nun momento intenso e na casa, o seu primeiro traballo, “Cross the border”.
    12 min
  • Ent. Xosé Tomás, ilustrador - Presentación do libro “Manual de Escola”
    O Auditorio Municipal do Rosal acolle ás 19.30h a presentación do libro “Manual de Escola” do ilustrador gráfico e mestre do CPI Manuel Suárez Marquier, Xosé Tomás. O libro, en formato de historia gráfica ou banda deseñada, presentase ás 19.30 horas e conta coa colaboración do Concello do Rosal. Explicaba Xosé Tomás que este libro é un percorrido crítico a través de viñetas polo sistema educativo.O libro ten un custe de 8€ e poderase mercar na propia presentación e tamén nas librarías da comarca.
    11 min
  • Ent. Santiago Cortegoso - Raclette, de Ibuprofeno Teatro en Tui
    Mañá sábado será a quenda de Ibuprofeno Teatro que presentará ás 20.30h “Raclette”. Trátase dunha montaxe innovadora dirixida por Santiago Cortegoso na que sobre o escenario haberá dúas cenas, e dúas tramas diferentes, nun mesmo espazo e tempo. Os cinco actores cociñarán e compartirán comida á vez que tratan temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.
    9 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Diez |Concurso "Pinta Tui"
    Este domingo, co gallo de promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes á vez que se incentiva e dinamiza a oferta turística, celebrase en Tui o I Concurso de Pintura “Pinta Tui”, organizado polo Concello de Tui, Acitui e Efectos.
    No concurso poden participar artistas nacionais i estranxeiros e a técnica e libre. Iso si, teñen oito horas para plasmar a beleza dos diferentes recunchos da cidade nos seus lenzos.
    10 min
  • Ent. María Torres de Elefante Elegante - Danza da choiva
    A compañía Elefante Elegante regresa mañá ao Teatro Municipal de Tui cunha obra para público familiar. Trátase de “Danza da choiva” un espectáculo de teatro xestual con danza, manipulación de obxectos e monicreques. A cita será ás 20h e está recomendada para nenos dende os 3 anos.
    Sobre o escenario estarán María Torres e Gonçalo Guerreiro para dar resposta á pregunta qué acontecería se de súpeto deixase de chover?. Hoxe falamos con María Torres.
    5 min
  • Ent. Teresa Domínguez, dtra do CRA Mestra Clara Torres - Faladoiros en Educación
    Seis actividades conforman o programa de “Faladoiros en Educación” que por segundo ano consecutivo poñen en marcha o Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Comezan esta tarde e ser van prolongar ata o mes de marzo. Teresa Domínguez, directora do CRA, explicaba os obxectivos desta actividade.
    A primeira cita será ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica cunha mesa redonda titulada “Na procura de aspectos positivos e negativos das avaliacións finais de Primaria e Secundaria”.
    5 min
  • Ent. José Fernández - XIII Mercadiño e Exposición de Motos antigas
    O pavillón polideportivo de Goián acollerá este sábado e domingo, o “XIII Mercadillo y Exposición de Motos Antiguas”, organizado pola Asociación Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, de Tomiño. Ademais da compra-venta de recambios para motos antigas, coches clásicos e miniaturas, os visitantes poderán contemplar verdadeiras reliquias, con máis de 80 anos de antigüidade.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…