Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ana del Valle Couto - Curso de Criminal Profiling na Aula da UNED de Tui
    O próximo 1 de decembro comeza un novo curso na aula tudense da UNED baixo o título “Criminal profiling”. No mesmo farase unha introdución a unha técnica de gran relevancia na investigación criminolóxica coma é a perfilación criminal. No mesmo abordaranse cómo levar a cabo un perfil criminal, as distintas técnicas, análises, e repaso aos distintos perfís criminais e análise de casos prácticos. O curso consta de 20 horas lectivas que se impartirán os xoves de 16.30h a 20.30h ata o 15 de decembro. Ana del Valle Couto, licenciada en Dereito e criminoloxía, postgrao en criminalística, infoanálises e técnicas avanzadas en ciencias forenses (UAB), é unha das poñentes.
    9 min
  • Ent. Emilio Vilar - Campaña de recollida de xoguetes Café Museu Tui
    Nin un neno sen xoguetes. Esa é a premisa da II Campaña de recollida de xoguetes do Café Museu de Tui na que este ano esperan superar os 1.100 xoguetes. A premisa principal é a de intercambiar un xoguete por un café, pero ademais este ano sortearase un tratamento termal. A campaña desenvolverase entre o 7 e o 22 de decembro e pódense entregar xoguetes novos ou usados, sempre que estean en bo estado.
    7 min
  • Ent. Serafín Martínez - Urban Trail Night
    Catorce quilómetros entre Tui e Valença nunha ruta nocturna será os que realizan os participantes na Urban Trail Night prevista para o sábado 26 de novembro na Eurocidade Tui-Valença. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 23. Tamén haberá unha andaina de 10 quilómetros. Deunos todos os detalles da proba, Serafín Martínez, organizador. www.urbantrailnight.com.
    7 min
  • Ent. Juan Font, enxeñeiro tudense de Politibot - Axuda á investigación de Google.
    O enxeñeiro tudense Juan Font está detrás da programación de Politibot, un robot conversacional para Telegram que está operativo dende as eleccións do pasado 26J. Forma parte dun equipo multidisciplinar de oito persoas que levaron adiante este innovador proxecto que vén de recibir unha axuda á investigación de Google. Este achega permitiralles converterlo en multiplataforma e proseguir co seu desenvolvemento. Así nolo explicou Juan Font, quen arestora traballa coma enxeñeiro de software no departamento de tecnoloxía da información na Axencia Espacial Europea.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…