Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Serafín Martínez - Urban Trail Night
    Catorce quilómetros entre Tui e Valença nunha ruta nocturna será os que realizan os participantes na Urban Trail Night prevista para o sábado 26 de novembro na Eurocidade Tui-Valença. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 23. Tamén haberá unha andaina de 10 quilómetros. Deunos todos os detalles da proba, Serafín Martínez, organizador. www.urbantrailnight.com.
    7 min
  • Ent. Juan Font, enxeñeiro tudense de Politibot - Axuda á investigación de Google.
    O enxeñeiro tudense Juan Font está detrás da programación de Politibot, un robot conversacional para Telegram que está operativo dende as eleccións do pasado 26J. Forma parte dun equipo multidisciplinar de oito persoas que levaron adiante este innovador proxecto que vén de recibir unha axuda á investigación de Google. Este achega permitiralles converterlo en multiplataforma e proseguir co seu desenvolvemento. Así nolo explicou Juan Font, quen arestora traballa coma enxeñeiro de software no departamento de tecnoloxía da información na Axencia Espacial Europea.
    5 min
  • Ent. Victoria Pérez, actriz de Pérez e Fernández - O poder de Amabel
    Victoria Pérez e Manu Fernández de Pérez&Fernández presentan mañá venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui "O poder de Amabel". Unha obra de monicreques e actores que nos contan a historia de Amabel e Braulio que lembran un verán de cando eran nenos. As entradas están á venda ata maña venres ás 12h en www.culturatui.info ou mañá dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
    6 min
  • Ent. Aaron Rivas, músico - Concerto de órgano
    Ás 20h na Catedral terá lugar o concerto inaugural do 86º Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España a cargo de Aaron Ribas, gañador do concurso na especialidade de órgano na edición de 2015. Hoxe Aaron Rivas acompañounos no programa Día a Día onde nos falou da súa carreira e do concerto desta tarde.
    13 min
  • Ent. Xosé Quinteiro e Pedro Pereira - Gran Recollida de Alimentos
    Segundo os datos do INE, 1 de cada 5 fogares en España vive baixo o limiar da pobreza e o director do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, lembraba que esta mesma semana unha muller morría en Cataluña despois de que lle cortaran a luz e tivera que vivir sen electricidade e alumeando a súa vivenda con velas. Por isto, Pereira, lembrou que aínda moita xente sofre de pobreza invisible, que non se ve no día a día. Neste ano o banco de alimentos porá o foco na solicitude de comida precociñada que permita aforrar en electricidade as persoas que máis o precisan.
    18 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Regulación dos locais de ocio no conxunto histórico
    O Concello de Tui non ten intención de pechar todos os locais de ocio no conxunto histórico pero sí que este cumpran coa legalidade vixente tanto en materia urbanística coma en horarios de peche e emisión de ruídos. Así o deixou explicou na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, puntualizando que “esta non é unha cuestión de intencionalidade política senón de cumprimento da legalidade”.
    Dende o Concello para regular a situación existente téñense inspeccionado a meirande parte dos locais de ocio do conxunto histórico para verificar que cumpren coa normativa
    10 min
  • Ent. Andrea González, de XMT - concurso de Juventudes Musicales de España para instrumentos de tecla
    Tui acollerá dende este xoves 17 e ata domingo 20 o concurso permanente de Juventudes Musicales de España en concreto nas probas de piano, clavicémbalo e órgano. A organización corre a cargo de Xuventudes Musicais de Tui.
    Estas audicións, que se celebrarán no Teatro Municipal, na igrexa de San Telmo e na Catedral,serán abertas ao público. Participarán 31 xoves músicos de toda España. Así nolo contou Andrea González.
    12 min
  • Ent. Marina Carvalho - Trilho das dúas Bandas
    Este domingo celébrase a derradeira andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. O percorrido será polo Trilho das Dúas Bandas. A saída será ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa de Boivão (Valença), ou ás 9.40h dende o aparcamento do Lidl en Valença.
    3 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…