Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Hernando Freiría Lorenzo, pte de OSílice - Charla-Coloquio
    O auditorio da casa cultural de Atios, no Porriño, acolle este venres ás 19.30h unha charla coloquio organizada pola Asociación Galega de Afectados de Silicose “OSilice”. Correrá cargo do doutor José María Borro Mate. Tamén estará un bufete de avogados de Vigo que dará conta da parte xurídica que afecta aos traballadores que sofren enfermidades profesionais, neste caso a silicose e as súas situación sociolaborais.
    11 min
  • Ent. Felicitas Iglesias da Asociación Párkinson Baixo Miño -Proxección película
    A Asociación de Parkinson do Baixo Miño proxecta este xoves, 1 de decembro, ás 19h na Sala Félix Rodríguez a película "El último concerto" de Yaron Zilberman. Ao remate haberá un coloquio moderado por Teresa Domínguez, directora do CRA. Así o explicou Felicitas Iglesias que tamén deu conta de que hai prazas vacantes para as actividades de Estimulación Cognitiva que realizan os luns de 10h a 11.30h e de Psicoloxía e Fisioterapia que realizan os venres de 10 a 12h na Área Panorámica.
    6 min
  • Ent. Suso Vila, historiador - Visitas guiadas a Tui durante o mes de decembro
    Coñecer ou redescubrir o patrimonio que atesoura o centro urbano de Tui é un dos obxectivos das visitas guiadas gratuítas que organiza o Concello de Tui e que a próxima semana, presenta novas rutas e horarios. Así amais de ao Tui medieval e a Ruta Xudía tamén se visitará ao Tui Fidalgo e o Tui escolar, e as igrexas de San Domingos e San Bartolomé. Suso Vila, historiador, é o encargado de guiar estas visitas.
    9 min
  • Ent. Iván Martínez - Balance Gran Recollida de Alimentos
    A Gran Recollida de Alimentos celebrada esta pasada fin de semana saldouse con máis de 300.000 quilos de alimentos recollidos na nosa provincia, segundo confirmou á Radio Municipal de Tui o seu coordinador Iván Martínez. En total, foron máis de 1.700 voluntarios os que se despregaron polos supermercados de toda a provincia co gallo de recoller alimentos para as persoas que o necesitan.
    4 min
  • Ent. Manel Riveiro - Calendario Solidario
    O perruqueiro de Goián Manel Riveiro vén de presentar unha iniciativa solidaria coa que poder axudar as persoas que o precisen en Tomiño. Falamos dun calendario solidario, inspirado na temática vintage e que conta como modelos con veciños da contorna. A idea surxiu case de xeito espontáneo despois de sacar unas fotografías promocionais e rápidamente tornou cara esta iniciativa solidaria. O almanaque ten un prezo de tres euros e todo o recadado será posteriormente xestionado polos servizos sociais do Concello de Tomiño.
    11 min
  • Ent. Marga Romero, pta Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo - Mártires de Sobredo
    Este domingo, 27 de novembro, celebrase en Guillarei o 94º homenaxe aos Mártires de Sobredo organizado polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo.
    O programa de actos previstos comezará ás 10.30h coa concentración na Carballeira de Sobredo, para media hora despois dirixirse ata o monumento. Ás 11.30h intervirá María do Mar Pérez Fra, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, e a escritora María Xosé Queizán.
    A homenaxe rematará coa ofrenda floral ante o monumento e a coa actuación do grupo de gaitas “Folieiros” e o grupo Lembranzas da Terra de Guillarei.
    Marga Romero, presidenta do Instituto de Estudos Agrarios, lembrou os feitos acontecidos en Guillarei. o 28 de novembro de 1922
    9 min
  • Ent. María Xosé Vázquez - Balance Xornadas Saneamento Tomiño
    A concelleira de Medio Ambiente de Tomiño fixo balance das Xornadas de Saneamento e Depuración de Augas desenvolvidas esta semana e nas que se falou da situación nos concellos rurais galegos, tamén de sistemas de depuración autónomos mediante tanques ou fosas sépticas; solucións individuais e para pequenas poboacións; sistemas de depuración alternativos baseados en plantas; humidais artificiais, ecolagoas, etc.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…