Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Jorge Aldir da Asociación Betún - Programación fin de semana 16 e 17 de decembro
    Hoxe ás 22h na Asociación Cultural Betún actúan os “Sulfur Giant” que finalizan en Tui o seu primeiro tour europeo presentando o seu último álbum Beyond The Hollow Mountain, tamén estarán os guardeses MilHomes. Entrada socios/as beta 2,5€ betuneiros/as de balde
    Xa o sábado ás 22h inaugúrase a exposición Ecos da Penumbra, do fotógrafo portugués Miguel Estima. As 22:30, dentro das Sesións HALO, chega o concerto de Kotka - Band formado por Risto Vuolanne, Guillermo Bazzola e Fer Lamas. Contouno Jorge Aldir.
    6 min
  • Ent. Manuel Caldas, dtor IES San Paio - 25 anos do IES
    O IES San Paio conmemora mañá sábado, 17 de decembro, ás 12h no vestíbulo do centro os 25 anos que levan o actual emprazamento na rúa Casal Aboy. En 1991 as vacacións de Nadal foron aproveitadas para facer o cambio dende o vello IES San Paio - hoxe Área Panorámica - ao novo centro. Contounolo o director do centro, Manuel Caldas.
    7 min
  • Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda grupos políticos decembro
    A voceira do BNG e concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, valorou hoxe na nosa sintonía que neste ano e medio de mandato se está avanzando en temas vitais para o futuro de Tui coma a apertura da rúa Ourense e a aprobación de Tui. Recoñecía que se dan pasos pese as dificultades de ter non contado con secretaria municipal durante meses, e tendo en conta que son un goberno en minoría formado por catro grupos políticos. Hoxe estivo en Día a Día dentro da rolda de conversas cos grupos políticos.
    Sobre o papel do seu grupo sinalou que a actitude do BNG é colaboradora dende o principio.
    21 min
  • Ent. Manuel González Vázquez de CsT - Rolda cos grupos políticos decembro 2016
    O voceiro de Ciudadanos Tudense, Manuel González Vázquez, estivo hoxe na RMT dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Foi crítico coa xestión do goberno neste ano e medio e apuntou coma prioridades a aprobación do PECH, e resolver o problema de aparcamento no casco urbano. A rúa Ourense, a Área Metropolitana, ou as conversas co PP para a reunificación da dereita en Tui foron outros dos temas tratados.
    20 min
  • Ent. Jose Monte - Actividades de Nadal en Valença
    Valença promociona este ano as súas festas de Nadal con oito motivos polos que debemos achegarnos até a vila entre o 1 de decembro e o 8 de xaneiro. Durante eses 39 días estará aberta unha pista de patinaxe sobre xeo por primeira vez na cidade. Ademais, durante as mesmas datas diferentes puntos de Valença acollerán unha exposición de beléns. Pola súa parte, a Fortaleza de Valença, vólvese de chocolate, con postos de crepes, gofres, bombóns ou turróns ademais da gastronomía típica portuguesa.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…