Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco | Sorteo de Nadal Acitui e nova directiva
    A Asociación de Comerciantes de Tui, Acitui, renovou parcialmente a súa directiva nunha asemblea ordinaria celebrada na tarde de onte. O presidente seguirá sendo Juan Carlos Blanco, namentres que a vicepresidenta é agora Yolanda Sousa, o secretario, Sergio Casal, antes era tesoureiro, cargo que agora ocupa Luis Carlos Conde. Ademais, José Manuel Diez pasa a ser novo vogal.
    8 min
  • Ent. Rubén López, dtor Conservatorio e Paula Cobián, dtora Escola Danza - Concerto de Nadal
    O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 23 de decembro, ás 21h o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui, que se estrea neste evento, xunto ao Coro Mistura Vocal, e a Escola de Danza Paula Cobián. Hoxe faláronnos deste espectáculo musical RubénLópez, director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, e Paula Cobián, directora da Escola da Danza Paula Cobián. As entradas están á venda en www.culturatui.info e quedan xa moi poucos dispoñibles, haberá algunhas á venda no despacho de billetes o venres dende ás 19.30h. Os prezos son 5€ e 4€.
    9 min
  • Ent. Alejandro Durán do CB Tui - VIII Torneo Solidario
    O vello pavillón municipal de Tui acolle esta tarde,dende ás 17.30h o VIII Torneo Solidario no que este ano recollerán alimentos para Cáritas. Tanto os xogadores das distintas categorías coma o público aportará coma mínimo un quilo de alimentos. Alejandro Durán do CB Tui deunos todos os detalles.
    7 min
  • Ent. Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui - Rolda políticos decembro
    Hoxe dentro da rolda de conversas cos grupos políticos acompañaounos Laureano Alonso de Son de Tui e concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo. Fixo unha valoración positiva deste ano e medio de goberno, pese a que explicaba a situación é complicada, e sinalaba que a xestión no concello está a ser modélica. Fixo tamén repaso ao traballo nas súas concellerías.
    27 min
  • Ent. Iván Carral e Marcos Míguez - Papanoelada en Tui
    O sábado Papá Noel visitará Tui na II Moto Papanoelada organizada polo Motoclub os de Sempre. Xunto a unha carroza da que os organizadores non quixeron dar datos para que a sorpresa sexa maior, Papá Noel chegará acompañado de elfos e persoeiros do Nadal sobre dúas rodas.
    10 min
  • Ent. Eva Martínez - Calendario Síndrome 1p36
    Está xa á venda o calendario solidario co gallo de visibilizar e investigar o síndrome 1p36. En total, ten unha tirada de 5.000€ que xa está a quedar corta, segundo apunto esta mañá a tudense presidenta da Asociación do Síndrome 1p36.
    2 min
  • Ent, Manel Riveiro - Calendario solidario en Tomiño
    Continúa á venda o calendario solidario coordinado polo empresario de Tomiño Manel Riveiro que busca recadar fondos para as familias que o precisen a través dos servizos sociais. Lembramos que ten un custe de 5€ e arestora vendéronse xa en torno a 500 exemplares.
    8 min
  • Ent. José Manuel Sousa, de APTUI - Rolda políticos decembro
    O voceiro de APTUI, José Manuel Sousa, compareceu hoxe nosa sintonía dentro da rolda de conversas cos grupos políticos. No seu balanzo deste ano e medio de mandato puxo un suspenso ao goberno. Tamén deu conta das negociacións para a reunificación do PP que indicaban van por bo camiño, e afirmaba que dende APTUI non promoverán unha moción de censura.
    20 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…