Balance positivo da I Xornada Arqueolóxicas e do Patrimonio Concello de Tui celebradas a pasada pasada. Así o explicaron hoxe os seus directores os arqueólogos Nieves Veiga e Patxi Pérez tanto pola acollida coma polos resultados iniciais das intervencións arqueolóxicas.
Tamén nos explicaron os resultados das intervencións realizadas. Nieves Veiga deu conta dos achádegos nas catas realizadas no exterior da igrexa. Destacaba que a necrópole se estende extramuros e máis extensa do que pensaban inicialmente.
Patxi Pérez revisou a intervención realizada por Chamoso Lamas nos anos 70 e recuperou os restos óseo da necrópole que estaban en mal estado. Recuperaron tres cráneos así coma pezas dentais.
Consideran que logo destas primeiras intervencións coa estensión da necrópole extramuros e a cimentación dunha antiga planta, a zona ten potencial para novas excavacións.