Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco - Acitui - Saborea Tui e Campaña de Namorados
    A ruta de petiscos Saborea Tui volverá á cidade entre o 3 e o 31 de marzo. Así o anunciou esta mañá o presidente da Asociación de Comerciantes de Tui -Acitui-, Juan Carlos Blanco. Lembramos que durante a celebración de Saborea Tui os establecementos ofertarán petiscos de balde os venres e sábados entre as 19h e as 23h. Nesta segunda edición presidente de Acitui espera que se superen os 30 establecementos participantes.
    8 min
  • Ent. Cielo Martínez - Cláusulas chan
    A avogada Cielo Martínez explica como facer fronte as cláusulas chan das hipotecas despois das recentes sentenzas do Tribunal Europeo de Xustiza que obriga a toda a banca española a devolver o cobrado por tidas cláusulas.
    20 min
  • Ent. Miguel Abreu e Laureano Alonso - Trofeo de Hip Hop e graffiti
    Esta fin de semana a cultura urbana chega a Tui por partida dobre co I Trofeo de Hip Hop e co Concurso de Graffiti.
    Por unha banda o pavillón municipal acollerá este domingo o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”. Por outra parte tamén o domingo pero dende as 11:00 celebrarase de xeito paralelo un concurso de graffiti nunha das fachadas do novo pavillón municipal.
    10 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Proposta goberno alternativo
    Carlos Vázquez Padín, de C21 mantivo conversas con membros destacados do Partido Popular nos últimos días, a iniciativa propia ante o descontento co goberno municipal cuatripartito.
    Lembrou Vázquez Padín que dende C21 apoiaron a investidura sen condicionantes e coma mal menor. Pero lamentaba que dende o comezo do mandato non houbo un só pacto ou tento de pacto con eles por parte dun goberno en minoría, salvo nos orzamentos onde pedían a eliminación do imposto de plusvalía que non saiu adiante. Ante esta situación explicaba que buscaron unha alternativa pero con matices cunha dereita renovada, para o que mantivo tanto reunións co PP, coma con PP de Tui, APTUI e CST a nivel local.
    16 min
  • Ent. Iago Ramilo do Betún - Actividades da fin de semana 20-22
    Na Asociación Cultural Betún presentan triple proposta esta fin de semana. Hoxe ás 22h actúa Palankalama: o cuarteto de Porto achega composicións baseadas na música tradicional/folk de diversas regións e imaxinarios. Mañá sábado tamén ás 22h será a quenda de Pan-Pan Dj, que busca sons e melodías entre o pop, o electro-pop, e outras moitas conxuncións ata chegar até a cumbia e os sons tropicais.
    Xa por último o domingo ás 19h acutará o trío de jazz chegado dende Porto Pedro Neves Trío. Deunos conta da programación Iago Ramilo.
    7 min
  • Ent. Mónica Hermida e Ana Vicente - Charla “Sexualidade, Diversidade e Violencia Machista na Adolescencia”
    Despégate dos Malos tratos é o titulada da charla que hoxe ás 19h terá lugar no IES de Tomiño, para abordar a prevención das condutas de parella abusivas e violentas. Forma parte do programa “Sexualidade, Diversidade e Violencia Machista na Adolescencia” organizada polo PSOE de Tomiño.
    Ana Vicente, axente de igualdade e educadora de ADAVAS será a encargada desta charla participativa na que porá o foco na prevención das condutas abusivas e os malos tratos a través do recoñecemento dos primeiros signos e síntomas que anticipan o que pode converterse unha relación tóxica e mesmo violenta
    17 min
  • Ent. Helena Rodríguez, coordinadora de Educación vial da DXT - Xornadas de educación vial
    Alumnado do CEIP nº1 e nº2 de Tui asisten dende hoxe a unha Xornadas de Seguridade Vial organizadas pola Concellería de Seguridade do Concello de Tui coa colaboración da DXT e da Policía Local.
    Helena Rodríguez, coordinadora de Educación vial da Xefatura de Tráfico de Pontevedra, explicaba que esta mañá explicaron xa aos cativos os contidos teóricos desta campaña e logo fan prácticas do aprendido na unidade móbil do parque infantil de tráfico instalada estes días no patio do CEIP nº2.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…