Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - II Semana da Educación
    Hoxe comeza a II Semana da Educación organizada polo Concello de Tomiño, que se celebrará ata este xoves no Auditorio de Goián. Na mesma abordaranse estratexias para ensinar e aprender con intelixencia emocional e lograr, deste xeito, menos fracaso escolar. Desta semana da Educación falábanos a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
    Incidía a rexedora en que en Tomiño queren destacar pola súa aposta pola Educación. Entre as acción que promoven esta esta semana na que teñen preto de 300 inscritos.
    Hoxe luns ás 19h Mar Romera, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci, mestra, psicopedagoga e especialista en intelixencia emocional será a encargada de inaugurar as conferencias “Educar con tres Cs: capacidades, competencias e corazón”. Continuarán ata o xoves cada día ás 19h no Auditorio de Goián.
    8 min
  • Ent. Jose Monte | Visitas guiadas en Valença
    Este domingo, 19 de febreiro, Valença inicia un programa de visitas guiadas que se desenvolverán a razón de unha por mes até final de ano. A deste domingo percorrerá Valença seguindo a vida de San Teotonio, patrón da cidade. A inscrición ten un custe de 5€, e inclúe degustación, seguro, guías e auga. As guías serán en portugués e español.
    12 min
  • Ent. Carlos Dima - Actividades Betún para esta fin de semana
    A Asociación Cultural Betún no conxunto histórico de Tui programou dous concertos para esta fin de semana.
    Hoxe ás 20h chegan os Winter Project, que presentarán algúns temas do seu primeiro traballo “Winter Time”. Mañá sábado, tamén ás 22h, chega ata o Betún Sheila Patricia para presentar o seu EP “El camino de los sueños". No mesmo destacada a canción de autor, o fado, bolero e o folclore galego e de diferentes países, todo cunha extraordinaria posta en escena.
    5 min
  • Ent. Francisco Plaza e Miguel Rodríguez | O Parador de Tui volve á actividade mañá sábado
    O Parador de Tui volverá abrir as súas portas mañá sábado tras un mes de parón invernal. Esta medida, que xa se levara a cabo nos últimos anos por mor da crise e co gallo de evitar as perdas económicas nos meses de tempada baixa, reduciuse este ano de forma drástica grazas aos bos datos do parador tudense. Dos tres meses que permaneceu pechado no 2016 pasouse a apenas un mes neste 2017.
    15 min
  • Ent. Fran Núñez - 'Don Quixote, unha aventura gastronómica' no Teatro Municipal de Tui
    “Don Quixote, unha comedia gastronómica” trátase dunha obra cun gran percorrido con máis de 200 representacións en España, Francia, Brasil e Portugal que agora se renova en Tui cunha montaxe novidosa nunca antes vista. Por primeira vez, Fran Núñez subirase ao escenario xunto ao público asistente nun espectáculo áxil, cómico e íntimo. Dirixida ao público infantil e familiar, os espectadores poderán gozar do teatro dende unha perspectiva pouco habitual, sobre o escenario, sentados en cadeiras nun semicírculo xunto ao propio actor. Por mor deste “formato especial para Tui”, en palabras de Núñez, o aforamento estará limitado a 100 persoas.
    Este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui.
    5 min
  • Ent. Jesús González, xerente de Utingal - Aposta polo I+d+i
    A empresa tudense Utingal, vai crear un sistema robotizado para mellorar a calidade das pezas aeronáuticas no macizado das mesmas. Trátase de aplicar o I+d+i na fabricación destas pezas. Jesús González, xerente de Utingal, explicaba este proceso que aplican as pezas e que permite grazas á robotica minimizar os tempos de fabricación.
    Neste sistema Utingal é pioneira no mundo. Para levar a cabo o investimento previsto, para executar o prototipo desenvolvido, presentaron o proxecto á Galega de Investimento.
    14 min
  • Ent. Carlos Balea - Nova campaña do Banco de Tapóns do Baixo Miño
    O Banco de Tapóns do Baixo Miño iniciará nos vindeiros días unha nova campaña para axuda para un neno de Barrantes de 11 anos e con parálise cerebral. En total, arestora a asociación acumula 30 tonelada de tapóns dos que espera dar saída para axudar a este cativo. Pero ademais, alén das campañas específicas, Banta tamén iniciará unha estreita colaboración con diferentes asociacións da contorna, como Un Máis do Baixo Miño.
    10 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco - Campaña do día dos namorados
    Dende o pasado mércores e até o día 14, a Asociación de Comerciantes de Tui, ten en marcha a súa campaña especial co gallo do día dos namorados. Todas as compras de máis de 10€ realizadas nalgún dos 71 establecementos colaboradores participarán nun sortea dunha fin de semana para dúas persoas nun balneario.
    11 min
  • Ent. Fernando Ferreira, pte. Asoc. Pescadores do Río Miño - Temporada meixón e lamprea
    Rematou a temporada do meixón do río que foi mellor que a dos últimos anos, tanto en capturas coma en prezos xa que os pescadores puideron pescar todas as lúas segundo explicaba o presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, Fernando Ferreira. Os prezos na última lúa rondaron os 250€ euros o quilo de media, e unha media de 4-5 quilos por barco e lúa.
    En canto a campaña da lamprea ten un mal comezo com poucas capturas e elevados prezos.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…