Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Teresa Pérez - Concelleira de Cultura - Entroido 2017 en Salceda
    Mañá sábado pola tarde volve estar dedicado aos mais cativos cunha festa de disfraces no Parque Raíña Aragonta e as 19:0h concertó da Banda de Música dedicado ao enfrotnamentro entre Castro Barreiro e a Feira. O domingo, día grande a nivel municipal, terá lugar o XIX Desfile de Carrozas e Comparsas, de novo con máis de 1100 participantes repartidos en 12 agrupacións. Teresa Pérez é a concelleira de cultura de Salceda.
    6 min
  • Ent. Cristina Martínez - Concelleira de Cultura - Entroido 2017 en Tomiño
    En Tomiño dan esta noite o pistoletazo de saída ao Entroido no Baixo Miño. Fanno co Venres de Foliada no que participarán 1.500 persoas chegadas de toda a provincia cun total de 20 comparsas, o máximo establecido. Entre elas están as tomiñesas Estrelas da Noite, Revolución Show, Luces de Bohemia, Ciclón e Alecrín. Ademais, en Goián celebran o seu entroido tradicional co día grande no martes 28 co desfile.
    5 min
  • Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Entroido 2017
    Este domingo sairá ás 11h da mañá o desfile concurso de Entroido no Rosal de individuais, grupos, carrozas e carrozas con máis de 400 persoas participando. Rematarán na praza do Calvario. Logo o luns e martes a cita estará en Fornelos co Entroido máis tradicional. Explicábao Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal.
    5 min
  • Ent. Elena Baz - Concelleira de Cultura - Entroido 2017 na Guarda
    O sábado A Guarda celebra o “Sábado da mocidade”. A primeira cita do día será ás 17,30 horas, no Centro Cultural, coa proxección do filme Vicky El Vikingo. Xa pola noite a Carpa da Alameda acollerá, ás 23,30 horas, o concerto do grupo pontevedrés Gold and Colt que interpretarán música country-soul. Tras o concerto, á 1 da madrugada, dará comezo unha das novidades deste ano: o Concurso Drag Queen Guardés. Despois do concurso seguirá a noite coa Festa Retro que contará coa actuación de DJ CELIG.
    O domingo 26 de febreiro terá lugar o “Día das familias” no que a partir das 18 horas haberá festa coa orquestra Carambola na Carpa da Alameda.
    O luns de Entroido, día 27 de febreiro, haberá un Obradoiro de Máscaras e Pintacaras na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Pola tarde, ás 18 horas na Carpa da Alameda, terá lugar o concerto do Trío Refugallo, un grupo de música tradicional infantil. E a partir das 19,30 horas continuará a festa coa Orquestra Estelares.
    O entroido guardés vivirá o seu último e máis importante día o martes día 28, co Desfile de Entroido. A saída do desfile será ás 17,30 horas da Esquina Famosa. Despois haberá festa coa Charanga Os Charamujas, que xa irán acompañando o propio desfile.
    5 min
  • Ent. Tanía Domínguez - XIV Festival Taíña
    Goián acolle este sábado ás 23h a décimo cuarta edición do Festival Taíña. Sobre o escenario estarán os granadinos Sonido Vegetal, os madrileños Falsa Monea a Compañía do Ruído e os Dj Chukchuy. O festival, coma de costume, é de balde.
    17 min
  • Ent. Nani Matos - Director de Lurna, nomeada aos Mestre Mateo
    o guardés Nani Matos está nomeado ao máis importantes premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, que se celebran o 4 de marzo na Coruña. Faino coa curta estreada o ano pasado, Lurna, que conta a historia da inmigración, moitas veces oculta e invisible aínda que suceda ao noso carón. Trátase dunha curtametraxe de 15 minutos pero que contén grandes doses de realidade documental. O guardés así o explicou esta mañá na Radio Municipal de Tui.
    24 min
  • Ent. Ana Da Orden - Charla cláusulas chan en Tui
    A Sala Félix da Área Panorámica de Tui acolle hoxe unha xornada informativa sobre cláusulas chan e gastos hipotecarios. A actividade titulada Que podo facer ante unha cláusula chan? será impartida por técnicos da Unión de Consumidores de Galicia. A xornada informativa será ás 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…