Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Laura Sarasola, dtora Caramuxo Teatro - Feo!
    Un parrulo de goma de cor azul marca a diferencia nunha fábrica de patiños de goma onde todos son amarelos. Esta é a historia que Caramuxo Teatro presenta ás oito desta tarde no Teatro Municipal de Tui. Está inspirada no clásico do “Parrulo Feo” de Andersen dirixida por Laura Sarasola e interpretada por Juan Rodríguez. Esta montaxe valeulles o ano pasado o premio Marías Casares ao Mellor Espectáculo Infantil.
    5 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e Emilio Vilar - Roteiro de petiscos Saborea Tui
    Este venres arranca oficialmente Saborea Tui, o roteiro de petiscos por 23 establecementos de Tui. Co obxectivo de dinamizar e potenciar o sector hostaleiro, os diferentes establecementos ofrecen petiscos creativos de balde xunto coa consumición. A promoción ten lugar durante os venres e sábados de marzo entre as 19h e as 23h. Juan Carlos Blanco é o presidente de ACITUI.
    10 min
  • Ent. Laureano Alonso e Belén Guisande - II Feira Alternativa San Carnaval
    O Paseo da Corredoira de Tui acolle este domingo, 5 de marzo, de 10.30h a 21h a II Feira San Carnaval organizada polo Concello de Tui coa colaboración de Ppartmin Creativas con carácter solidario a beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño e a protectora de animais de Tui Aloia. Na mesma participarán máis de 50 postos de artesanía, antigüidades, produtos ecolóxicos, sobremesas, coiro, bixutería, segunda man...
    8 min
  • O Play-doc anda na procura de voluntarios!
    Como cada ano o Festival Internacional de Cine Documental de Tui abre as portas para o voluntariado. Os mozos e mozas que queiran participar como voluntarios na organización do festival deben poñerse en contacto a través de [email protected]. Unha experiencia que lles permitirá coñecer dende dentro como funciona un evento destas características. Pablo Comesaña é o productor de Play Doc.
    7 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Arquivo Imaxe Municipal
    O Concello de Tui comeza a traballar na creación do arquivo de imaxe municipal co obxectivo de reunir o maior número de fotografías relacionadas con Tui. Búscase facelo dun xeito ordenado, catalogando todas as imaxes para, no futuro, poder poñelas a disposición do público en xeral. Por isto, o Concello fai un chamamento á colaboración dos veciños e veciñas para que aporten ao arquivo todas aquelas imaxes que consideren de interese.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…