Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Eva Soriano - La Canica Teatro - Sirenita
    Mañá será todo un clásico da literatura infantil o que chegue ao teatro tudense. Será a Sireniña de Andersen pero cunha versión realizada por Pablo Vergne coa compañía La Canica de Madrid.
    A cita será ás 19:00 horas destinada a público familiar e infantil.
    5 min
  • Ent. Cándido Pazó - Director do Tolleito de Inishmaan
    Hoxe ás 21.30h Contraproducións presenta “”O Tolleito de Inishmaan”. Esta é unha comedia negra, “ácida e amarga”, que presenta unha ampla diversidade de pintorescos personaxes que viven as súas cativas vidas como poden e como saben. . E xunto a eles, un eivado, un ser desfavorecido que ten a arela de transcender desa pequena cárcere que supón a illa na que habita e lograr o seu soño de ser valorado.
    9 min
  • Ent. Sergio Alonso - Citas co folk, o grunge e o metal no Betún
    Hoxe ás 22h chega Palankalama, un cuarteto de Porto dedicado á música instrumental. As súas composicións baséanse na música tradicional/folk de diversas regións e imaxinarios.
    Mañá tamén ás 22h será a quenda da banda anglo-guardesa The Loopholes formada por Bruce Salinas e Daniel Alonso. Destilan un son moi contundente de natureza folk pero con reminiscencias grunge ao metal.
    4 min
  • Ent. Isilda Salvador - Rutas turísticas guiadas por Valença
    Este domingo ás 9:30 hora portuguesa, 10:30 hora galega, terá lugar en Valença a primeira ruta turística do programa Caminhos da Cultura que se desenvolverá ao longo de todo o ano.
    A cita consistirá nun roteiro pola cidade en torno á figura de San Teotonio, patrón de Valencia nacido na cidade en 1082. A ruta, que será en bicicleta, levará aproximadamente 3 horas e contará con guía en portugués e castelán.
    8 min
  • Ent. Marga Romero, pta IEMS - Ciclo de conferencias “A actualidade dende Sobredo”.
    O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo organiza un ciclo de conferencias baixo “A actualidade dende Sobredo”. A primeira cita será mañá ás 19h na Sala de Conferencias do antigo Convento de San Domingos coa Conferencia “Galiza, unha das primeiras nacións de Europa” a cargo de Camilo Nogueira Román, político e pensador galego. A presidenta do instituto, Marga Romero, falounos desta iniciativa.
    9 min
  • Ent. Begoña Ibarrola - II Semana da Educación
    Ás sete desta tarde no Audiotorio de Goián Begoña Ibarrola (Bilbao), licenciada en Psicoloxía, terapeuta infantil, investigadora, escritora e docente falará de “Aprender a ser un mesmo e unha mesma e a convivir en harmonía: claves para cambiar o mundo”. Dentro da II Semana da Educación de Tomiño.
    8 min
  • Ent. Alberto Ruano - Gas radón no Baixo Miño
    O 20% das vivendas de Tui, Tomiño e o Rosal superan os 300 becquerelios por metro cúbico de gas radón, o tope fixado pola normativa europea. Este gas, con gran presenza no noroeste peninsular, é o principal factor de risco do cáncer de pulmón despois do tabaco e o primeiro naquelas persoas que nunca fumaron.
    1 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…