O economista Xavier Pérez Davila achegarase mañá venres a Tui para dar conta da problemática das pensións. Responderá as preguntas de se están garantidas no futuro, como serán e que se debe facer para aseguralas. Juan Martínez Tato é, xunto a Juan Nogueira, voceiro de Modepen, o movemento galego en defensa das pensións públicas.